Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Perros en campaña
TÍA MANUELA
Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazón e na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás do que se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con grande elocuencia, que a alma de Xambrailo era máis grande que a del mesmo. Meu Deus! Como sería?
O veterinario explicábao con poucas palabras: “morreu e non hai nada que facer, todas as súas funcións biolóxicas están paradas de forma irreversible”. El estaba acentuando a atención na ausencia das actividades cardíacas e respiratorias. Tiña seguridade total de que aquel cadelo morrera. E así era. Foise como un paxariño.
Na parroquia, ninguén fixo caso. A veciñanza miraba, relía e atendía á filosofía, unha parte era daquelas correntes que interpretaban a morte como aquel feito que dá sentido á vida; outra non, máis materialista, interpretaba a morte como final absoluto da existencia.
Pero, como seres socias e integrantes de grupo, a morte dun achegado entristécelles, moléstalles e dóelles. Na memoria deste escribidor está gravado un suceso, a morte repentina de Parda, aquela vaca leiteira e traballadora que era como a alma da familia, como a conciencia da xente aldeá.
Epicuro de Samos, filósofo anterior ao cristianismo, pensaba que non había que preocuparse da morte, “cando existimos -dicía- a morte non está presente, e cando ela está presente xa non existimos”. Que lles parece esta reflexión do filósofo grego?
Ao can ou á vaca non lles importa tanto. Pero, como seres socias e integrantes de grupo, a morte dun achegado entristécelles, moléstalles e dóelles. Na memoria deste escribidor está gravado un suceso, a morte repentina de Parda, aquela vaca leiteira e traballadora que era como a alma da familia, como a conciencia da xente aldeá. Araba nas leiras, andaba no prado, enchía os cántaros de leite e mantiña un cucho por ano.
A morte daquela vaca deixou sen alento a propios e a estraños. Choraron todos os da parroquia e os máis vellos téñena no maxín. Para eles, Parda está no prado pacendo e os nenos do lugar, ruando con ela.
A ONU calcula que ao longo de 2025, máis de trescentos millóns de persoas necesitarán axuda humanitaria. “Isto non vai ben, di a Tía Manuela, aumentan os conflitos, as guerras e as mortes”. Segundo datos aportados pola ONG Armed Conflict Location and Event Data (ACLED), a violencia política aumentou 25% en todo o mundo, en 2024, en comparación co ano anterior, con máis de duascentas vinte mil persoas mortas. Entre tanto, hai quen chorar a morte do cadelo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Perros en campaña
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Perseguir a famosos para amedrentar a las masas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Como si no fuera con él
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Revive Revve Anabaraego no fútbol ourensán?
Lo último
DÍA DE LAS FUERZAS ARMADAS
Samil resiste a los elementos en el Día de las Fuerzas Armadas
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 31 de mayo
SEGUNDA CONSECUTIVA
El PSG conquista la Champions League tras derrotar al Arsenal (4-3)