Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
Os coros galegos foron decisivos para o desenvolvemento do ideario galeguista no primeiro terzo do pasado século XX. Estas agrupacións de cultura, e rechamante presenza, teñen sido a manifestación dun ideario que emana dende as Irmandades da Fala, unha aposta de valor de seu polo noso. Co seu director e estandarte á fronte, cun xeito de proceder solemne nos recitais dos teatros e tamén cando pisan os distintos escenarios públicos permanentes de prazas e sinalados campos de festa, como o Palco da Alameda de Ourense ou o de Vilanova dos Infantes, que non faltan en numerosos puntos da xeografía do Antigo Reino de Galicia, son unha declaración dunha rica cultura popular e culta.
Son de Galicia
Acolle Ourense esta gran mostra na sala de exposicións da entidade bancaria Afundación na Praza Maior até comezos do próximo mes. É unha proposta do Consello da Cultura Galega que comisaría o Dr. Miguel Anxo Seixas, especialista en Castelao, exposición que trae Toxos e Froles (Ferrol, 1914), Cántigas da Terra (A Coruña, 1916), Coral De Ruada (Ourense, 1918), Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela, 1921), e o seu legado. Son trinta os paneis distribuídos polas paredes, con algún cartaz, como o que fixo Díaz Baliño para De Ruada, que preside a primeira sala e o folleto-cuadríptico institucional; ou o estandarte da compostelán, de 1923. Tamén está a bandeira da nosa, deseño do amentado artista e escenógrafo, quen lle engadiu dous lemas: “Terra a nosa” na banda da bandeira galega, e “máis que nós ninguén” na coroa do cáliz que centra o escudo de Galicia, que conforman para nós un sobranceiro ideario ancorado na historia que aínda podería remar... Con eles hai distintos elementos nas vitrinas, manuscritos, partituras, algunha medalla e instrumento musical, fotografías ou traxes. A elo engadese ademais unha fonte sonora, para degustar cos auriculares os cantos. E ponse de manifesto o poder dos arquivos e das hemerotecas para a historia contemporánea das publicacións na prensa. A labor de recollida dos retallos da historia das catro formacións e a súa selección é unha tarefa que vai máis aló do traballo etnográfico da vestimenta popular, pois abrangue a recollida e interpretación da música e as artes escénicas, baile e coreografía, e inclúe a actividade teatral. As súas accións, con viaxes e xiras neste compromiso de proxección exterior no que hai moito de filantrópico, convérteos en embaixadores da identidade cultural galega. Desfrutemos nesta terceira parada da itinerancia expositiva, iniciada a finais de 2018 na Coruña, e que xa pasou por Ferrol. As seguintes estacións serán Pontevedra e Vigo, rematando o periplo en Compostela avanzado o outono. E mentres, as agrupacións musicais tradicionais seguen a acompañaranos para amenizar as festas, como a de Santo Antonio a pasada semana. Neses días De Ruada estaba o mércores na praza do Vaticano para cantarlle “A Rianxeira” ao Papa arxentino. Onte foi a misa no mosteiro de Oseira e xantar posterior na carballeira de Casledo, con cantos dos Amigos da Coral arredor dela… Dende os grandes coros históricos pódese reconstruír un mundo e unha época.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Henri Matisse (1869-1954)
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Lo último
AHORA SÍ HABLA DE PUENTE
Sánchez respalda a Puente por "dar la cara" y dimitir "por las víctimas": "Dignifica nuestro país"
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 4 de noviembre
INVESTIGACIÓN POLICIAL
El juez reclama identificar al autor de las joyas de Zapatero
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?