Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
Malia algunhas accións do exército da Ucraína con mísiles de longo alcance cedidos pola OTAN, así como un último intento de avance en Kursk, todo indica que rexeitado rapidamente polas forzas rusas, o resultado da guerra semella que está decidido. Hai uns días caia a cidade estratéxica de Kuraxobe, e están a punto de caer outras dúas, Torestsk e Chasi Yard, e tampouco tardarán moito en ser ocupadas Velyka Novosilka e Pokrovsk. Ren indica que a Ucraína poda frear o avance ruso, máxime coas enormes baixas na fronte, nesta guerra de desgaste. Por máis que a OTAN síganlle entregando armamento, preparando aos novos recrutas, e dándolle información de privilexio sobre a localización das bases e movementos de tropas rusas e aportándolle especialistas para a utilización de armamento avanzado, con isto non abonda.
Ademais, da desfeita humana e económica na Ucraína, e material (sobre todo na zona de guerra que anexou Rusia), hai que sumar os custes sobre a economía da Unión Europea, especialmente en Alemaña e Francia, cun crecemento estancado ou negativo desde que se iniciou a guerra. É verdade que a caída económica nestas dúas potencias non se debe en exclusivamente a este conflito, como é o caso do sector do automóbil, no que a perda de competitividade con relación a China tamén se debe a uns custes salariais máis baixos así como ao avance na innovación, mentres que pola súa banda na UE ten que soportar un aumento dos prezos en materia enerxética (e os custes da guerra).
Segundo estatísticas do Banco Mundial, referidas ao ano 2023, o PIB por capacidade de merca era, nos primeiros dez países, o seguinte (en miles de millóns de dólares): China 31.226; Estados Unidos 24.662; India 13.003; Rusia 5.815 (1.858 nominal, un terzo do real); Xapón 5.761; Alemaña 5.230. E as previsións sobre o comportamento da economía son favorábeis ás potencias emerxentes. A crise en Alemaña, Francia, Reino Unido e Xapón non semella que se supere a curto prazo, e Estados Unidos pásalle parte da factura á UE coa venda de gas máis caro e apostando por novos aranceis ás importacións. O FMI valora que Alemaña medrará en 2025 só un 0,8%, Francia e Xapón o 1,1%, e Estados Unidos un 2,2%, Rusia o 1,3%, China o 4,5%... A economía rusa creceu o 3,6% ese ano, como todo indica que o fará no actual (segundo Putin estará entre o 3.9% e 4%).
A guerra está decidida, e alongar a súa duración artificialmente cunha maior axuda externa da OTAN, implica reproducir unha dinámica que non logrou os resultados negativos desexados para a Federación Rusa tanto no ámbito militar como económico e político, cando menos na proporción que esperaban as potencias occidentais. Daquela que Trump sexa partidario de buscar unha saída negociada ao conflito e centrar deste xeito toda a súa atención en China, coa que se disputa ser a primeira potencia mundial, e, ao mesmo tempo, intentar abrir fendas ou cando menos diminuír as complicidades entre estas dúas potencias (debilitando aos BRICS).
A esta altura a incógnita de cal vai ser a tendencia dominante é grande. Partindo da idea de que un escenario multipolar non ten marcha atrás a cuestión é se este estará formado por dous grandes bloques, reproducindo o escenario da Guerra Fría, ou se terá tres cabezas principais (Estados Unidos, China e Rusia). Todo indica que Washington aceptaría esta última como unha segunda opción (despois da hexemonía total), porque deste xeito tería maior capacidade de manobra, máxime cando habería varias potencias emerxentes e países con soberanía que preferiran este contexto, e a Unión Europea está estancada economicamente e carente dun proxecto. Como e cando remate a guerra de Rusia/Ucraína-OTAN dará a clave de cal será a andaina dos Estados Unidos, aínda que a presente e pense como transitoria. Que fará Rusia?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas