José Luis Fernández Carnicero
Na defensa dun ensino público
O conceito de ensino público está moi vilipendiado polo sector privado. Por outra parte, o conceito ensino privado está moi cuestionado polos que pertencen ao ensino público, e no medio de todo debate está o ensino concertado. Pero este modelo está recoñecido pola Organización para a Cooperación e o Ddesenvolvemento Económico (OCDE), que pouco ten que ver co ensino e que por outra parte rodéase do ensino para buscar os seus obxectivos económicos. Vaimos por partes.
A OCDE é a encargada de emitir entre os seus informes internacionais o famoso PISA e divide as escolas en tres categorías: as públicas, as privadas e a privada dependente do Goberno onde máis do 50% do orzamento é diñeiro público. Este modelo non é exclusivo de España, como nos queren vender os sectores máis radicais. Temos o exemplo dos Países Baixos, onde na súa constitución permítese que calquera grupo confesional funde a súa escola baixo uns criterios establecidos. O Estado ten a obriga de financiala. En Estados Unidos existen as “charter schools”, onde o Estado financia as matrículas dos alumnos que non a poden pagar. Outros exemplos minoritarios existen en Suecia, “friskolor”, e Reino Unido, “free schools”, financiadas polo Goberno e xestionadas polo centro, con liberdade orzamentaria e curricular.
Todo isto vén a conto pola situación que estamos a vivir e, sobre todo, polo que nos espera. Pois aquí todo chega tarde, o bo e o malo, pero desde o ano 2012 que comezaron as protestas en Gran Bretaña e Canadá pola defensa do ensino público, até 2026 que continúan polos ataques do presidente máis caótico de EEUU ás universidades, os ventos de recortes no ensino público son patentes. Investigadores como Sebastián Royo, do Real Instituto Elcano e catedrático de Ciencia Política en el Departamento de Ciencia Política de Clark University, afiliado en el Minda de Gunzburg Center for European Studies (CES) da Universidad de Harvard, di que as universidades en EEUU “están a sufrir un ataque sen precedentes por parte da Administración Trump, con recortes millonarios, investigacións por supostas violacións das normas federais, retirada de visados a estudantes internacionais e presións ideolóxicas que ameazan a autonomía institucional”. Estas medidas buscan anular a influencia progresista na educación superior, procurar o elitismo para sectores concretos da sociedade con altos costes nas matrículas e desconectar coa maioría dos sectores sociais. Pola súa parte, o nobel Joseph Stiglitz chamou “relixión” a que “os mercados producen resultados eficientes”, e todo parece que vén por ese camiño que xa comezamos coas competencias básicas (agora chamadas competencias clave).
Non quero perder o tempo en tecnicismos que só puideran ser ben asimilados por profesionais da educación. Por iso citarei a Chomsky pola súa defensa da educación pública como piar fundamental da democracia e o risco que supón crear unha fenda ideolóxica, proceda de onde proceda. Na Galiza temos outro tipo de recortes, disimulados con programas de dotación de persoal docente, que non chegan a tempo aos centros de ensino e que carecen dunha continuidade no tempo. As novas necesidades do alumnado van “in crescendo” e as ratios baixan cando xa está o grupo completo. Isto é, cada un conta o alumnado segundo lle interesa. Os mestres contan os alumnos segundo lles van chegando e a administración educativa fai o cómputo final. O que puidese parecer o mesmo, non o é, e refuta a frase dos analfabetos que empregan frases feitas sobre medir, contar e opinar.
Defender o ensino público non debera ser optativo para un Goberno. Debera ser obrigatorio. Se para os máis necesitados, os de menos recursos, é a única opción, non debéramos xogar coa súa educación. Máis pronto que tarde, todos conformarán unha sociedade na que haberá que convivir, e todos seremos culpables das carencias que entre todos xeramos pola falta de inversión no sector público. Despois, de nada valerán os lamentos!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
BALANCE DE LA SITUACIÓN
Alfonso Rueda compromete “toda la ayuda que sea posible” para Venezuela
DESCUBREN UN ARSENAL DE DROGAS
El narcofuncionario de Xinzo: de empleado público a acumular más de 24 años de cárcel por su vida criminal
NUEVE AÑOS DE INHABILITACIÓN
La oposición reclama celeridad a la Justicia y explicaciones a Jácome