La Región
ZONA VERDE
La noche en que las hierbas se vuelven mágicas
Teño a manía de perder o interese nas cousas que entendo. Non comprender, non saber, non explicar, son operacións nas que convén meter moito tempo. Só mentres as partes da realidade me resultan escuras e inintelixibles permanezo fronte a elas concernido. Grazas, de feito, a que non accedo a elas sinto que me falan. Nunca como na escuridade avanza mellor o home cara os seus propósitos. A incomprensión despexa o horizonte. Talvez por iso levo anos dándolle voltas ao célebre comezo ?sinxelo, moi sinxelo, pero indescifrable? daquel texto de Pavese: 'Chamábanlle Pedro porque tocaba a guitarra'. Quen pode explicalo? Seguramente nin Pavese, que defendía a idea de que a incomunicación é o verdadeiro problema da humanidade e que non ten solución. Isto é un axioma e o demais é merda.
Na medida que as cousas comezan a clarear, agonizan, e cando están perfectamente descritas e reveladas, daquela tamén están mortas. A certeza é letal. Nociva. O lugar predilecto do individuo debería ser a noite, o baleiro, a angustia. Por que senón a xente ?algunha xente, escasa xente, ningunha xente? aínda le a Hegel. Pola impenetrabilidade do texto, a dureza coa que se defende cada idea antes de ser aprehendida. Porque non hai nada que entender, hostias. Diga: que razón o mantén a vostede atento a este columna? O seu anacronismo, que está fóra de lugar e escuramente exposta.
A incomprensión non ten porque ser remota. Ás veces son os feitos máis próximos, en aparencia francos, os máis escuros. Pensamos que entendemos, pero sempre son as tres da madrugada. Lembro cando vin un capítulo, de rapaz, da serie Alfred Hitchcock presenta, no que unha muller asasinaba ao seu marido co zanco dun cordeiro conxelado. Deulle un golpe na cabeza e acertou a matalo cunha eficacia irreprochable. Despois disto, guisou o cordeiro e convidou a xantar aos dous policías que investigaban o crime. Aqueles detectives estaban exhaustos despois dun día buscando a arma do delito, e comeron a proba de cargo con voracidade. É dicir, tiñan diante deles a revelación do misterio, a solución do caso, e mallárona como dous mortos de fame.
Na busca do misterio, na aprendizaxe, por así dicir, da ignorancia, un trata ás veces escapar de si mesmo porque resulta que un non está feito máis que de simplezas, como se a todas horas estiveramos famentos. Persoalmente pásame como a Rousseau, cando relata en Las confesiones que 'eu era un home ao que se descubría con tanta prontitude que non había nada novo que descubrir ao día seguinte'. Pero quen sabe se iso non é o que convén.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
ZONA VERDE
La noche en que las hierbas se vuelven mágicas
Carlos Risco
COSAS QUE CONVIENEN
En el amor
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Las gacelas no hacen ruido
Luis Sotelo
De la Alameda al Concello en autobús
Lo último
DISTRICTO CENTRAL DE LEIRÍA
Un incendio forestal procedente de Portugal cruza la frontera y alcanza ya la zona de Manzalvos, en A Mezquita
LA ESTACIÓN MÁS LARGA DEL AÑO
El verano empieza este domingo, 21 de junio, a las 10:24 horas
VIAJE INSTITUCIONAL DE CLAVIJO
Canarias prepara más de 30 actos para celebrar los 300 años de la fundación canaria de Montevideo