José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
PINGAS DE ORBALLO
ONadal. O Nadal é bonito. Que bonito é o Nadal! Brillante. Luminoso. Festivo. Trouleiro. Divertido. Apurado. Acelerado. Gastronómico. O Nadal é a máxima expresión da convivencia familiar. O Nadal é para a familia. O Nadal é ese desexo eterno para a boa saúde. Si, tamén para a paz. Si, tamén para o amor. Pero ante a saúde que se quite todo o demais. O Nadal é bonito. Que bonito é o Nadal!
O Nadal é unha carallada. Un enganaparvos. Unha escravitude. Un dispendio. Un sacrifico. Un non rematar nunca. O Nadal é horrible. Présas. Gastos. Moitos gastos. Traballo. Moito traballo. Sorrisos forzados. Abrazos falsos. Estómagos cheos. De grandes enchedelas están as tumbas cheas. O Nadal é horrible. Que fodido é o Nadal!
As luminarias nas aldeas, vilas e cidades pasan xa de guerras a ver quen as fai máis bonitas
As luminarias nas aldeas, vilas e cidades pasan xa de guerras a ver quen as fai máis bonitas. Compénsalle a un concello gastar a tira e máis en alumeados estratosféricos e que se eternizan no tempo por unha pequena chamada de turistas?
Apurado. Como se deixa todo para o último día, asoman as présas, os atascos e os cabreos.
Gastronómico. Isto xa é a crucifixión. Que todo un día para facer de comer. Que todo un día fregando cacharros e máis cacharros. Comida e máis comida. Que sobra unha morea dela. Que hai que comer as sobras en días vindeiros. Que malestar nos estómagos. Que insomnio ante este malestar. Que maldito Nadal. Que cando rematará. Definitivamente, o Nadal é horrible, truculento, terrorífico. O Nadal é fodido!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Marcos, el mochilo
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El burka de la izquierda
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”