Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La puerta que fue bodega en la calle Hernán Cortés
Pois aínda non fun visitar a “bomboneira” Ribadavia, pero vivindo no centro de Vigo xa estou máis iluminado que a Tour Eiffel. Pero a bo seguro que irei algún destes días porque teño entendido que paga a pena; de momento voume coformando coa sobriedade deste ano en Allariz. E aínda que o castelo que prantaron ao carón de San Benito non me guste moito, feito seguramente con moito esforzo, sérveme para volver, un ano máis ao Nadal da nenez, cando chegabamos todos ilusionados por ver aos nosos amigos e familias desde os destinos estudiantís en Cheste, Eibar, A Coruña ou Santiago.
Podedes crerme que o que máis ilusión nos facía, tendo xa encima o Nadal, era poñernos á faena e buscar rápidamente os materiais precisos para construir o enorme Belén, instalado nun ala do Santuario de San Benito. Alí colaboraba medio pobo, como facían cando se nos daba por ensaiar e representar obras de teatro nas vacacions, comandados polo sempre marabilloso Pilís Quintana.
Pois gracias a esas colaboracións o gran Belén tiña luces, auga en movemento dandolle vida aos muiños, e todos os camiños feitos con serrín e terróns de herba que iamos cavar ás fincas próximas. Tamén musgo, o que hoxe está prohibido, e que nós puñamos en gran cantidade recubrindo o Portal ou a cova dos pastorciños. Arrincar o musgo das pedras dos camiños era un acto de heroicidade, coas mans conxeladas por ese frío peludo ao que en Ourense estamos acostumados, mesmo cando a néboa non levanta en todo o día, e tés que aguantar estoicamente cando a nai te chama tódolos días para recordarche que en Allariz, a pesar das xeadas, sae o sol a primera hora da maña. Confeso que había un tempo que non pasaba tanto tempo seguido na capital das Burgas, que non capital termal por moito que o anuncien, e que tiven esa sensación que eu eu xa coñecía dos moitos anos vividos en Ourense, estupendamente a pesar da climatoloxía.
Tamén recordo que a pesar de que xa viñamos cheos da cea de Nadal, era obrigado ir tomar unha botella de cava á casa de Don José, o que era o párroco de entón
Pois a pesar das xeadas e do frío que facía, nos seguiamos co noso Belén ata que quedase como para un concurso; daquelas non había concursos nin falta que facía; podería habelos coas moitas panxoliñas que os nenos entoabamos, pero quedaban na casa para os nosos veciños, como aqueles que moitos anos despois sedo xa mozos universitarios iamos á Misa do Galo, co que foi o noso cura, Manolo Rodicio, que aínda non era cura, e os amigos Pilís, Manolito da Celia e seguramente a Xulia do Piñeiro coa súa voz marabillosa, e alguén mais que se me esquece hoxe. Tamén recordo que a pesar de que xa viñamos cheos da cea de Nadal, era obrigado ir tomar unha botella de cava á casa de Don José, o que era o párroco de entón.
E así transcorría a Navidad en Allariz, lúdica e relixiosa. Como ten que ser.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La puerta que fue bodega en la calle Hernán Cortés
TAL DÍA COMO HOY
Curiosidades de “Cuento de Navidad”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Lo peor de las reacciones
Julián Pardinas Sanz
El "tonto útil" de la política
Lo último