Fernando Ramos
La ocupación de Ceuta ha sido una operación militar con éxito
PINGAS DE ORBALLO
Son as cinco da tarde. É 6 de xuño de 1937, domingo. Estou agochado debaixo da ponte vella de Baños de Molgas. O país atópase en plena Guerra Civil. As hostes inimigas están aí, baixando da Rabaxoá.
Estou só e algo angustiado. O medo é libre. Sei que o inimigo non adoita perdoar. Coñezo ben as falcatruadas que cometeron días atrás. Eu salveime por espelido e por listo. Algúns dirán que por covarde. Porque fuxín e me escondín baixo a ponte romana. E aquí sigo.
Os que non foron covardes están mortos. Eu estou vivo porque cada quen se defende ou procura a vida como pode. E xa adianto que non me importa continuar nesta postura mentres dure esta guerra cruel e sen sentido. Simplemente, négome a morrer.
Podería intentar causar baixas entre os invasores, mesmo derrotalos por completo. Porque, aínda agochado, sei todo deles e dos seus movementos grazas ao meu can, Uriarte. Vai e vén, percorre e cruza os campos de batalla para informarme mediante xestos e ladridos. Sei o que significa cada un deles; mesmo son quen de distinguir perfectamente os seus matices.
Mais non ataco. Sigo escondido porque non son parvo. Por moito que saiba ou queira, un erro pode aparecer en calquera instante. E un instante, nunha guerra, adoita durar menos ca un suspiro. Ou ca un salouco.
Así é que, mentres estea só, creo que non corro perigo. As compañías, ás veces, resultan traidoras e falsas. Mesmo entre veciños.
Pasan xa uns minutos das cinco da tarde. Escoito estoupidos pola zona das Pedradarcas. Encollo o lombo, cúbrome co abrigo e agardo a que remate esta maldita guerra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
La ocupación de Ceuta ha sido una operación militar con éxito
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Petacas
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Os milagres de Xesús
Rafael Dávila Álvarez
Golpe de estado radiofónico
Lo último
ANUNCIA DOUS NOVOS FILMES
O OUFF será escaparate para estreas internacionais
LEGADO DEL CAMPO GALLEGO
Xosé Ferreira, el guardián de las corozas de Calvos de Randín
EL PASADO LUNES
Una mujer huye de su pareja por el balcón en Carballiño