Rafael Dávila Álvarez
El Ferrol estratégico y el cuento chino
PINGAS DE ORBALLO
Ía marchar, pero non marcho. Así de contundente me poño. Incluso xa me erguera da cadeira. E xusto cando me dispuña a gardar o móbil no peto dereito do pantalón vaqueiro, acordei non marchar. Así de taxativo. Volvín, entón, sentar.
Non marchei porque, realmente, estase ben: á sombra, na terraza da cafetaría. E sabendo que o sol aplana, quenta, case queima. A maiores, teño a compaña dunha pomba. Que si, que para as terrazas son unha peste, un encordio, pero son bonitas, moi bonitas. A min gústanme.
Xa case non existen aqueles paxaros da nosa infancia. Todo se vai extinguindo
A ver, gustar gústame máis a rula. Será porque de rapaz convivín máis con elas. Era, por antonomasia, á que lle buscabamos os niños, máis incluso que ás merlas, quizais porque, se as colliamos, servíannos de mascotas. Eran as mascotas das aves.
Había auténticos especialistas en “armar o lazo” para coller os paxaros, xeralmente as rulas. Algúns andaban tamén detrás dos gaios e dos pombos. Se co lazo non se conseguía nada, optábase polas crías: vixiar o niño constantemente e, antes de que iniciasen o seu primeiro intento de liberdade, faciámolas prisioneiras da nosa avaricia.
Agora, nin liberdade nin gaiola; xa case non existen aqueles paxaros da nosa infancia. Todo se vai extinguindo. Nós mesmos fixemos e facemos que se extingan.
Vaia ho! Mira en que resultou o de non marchar: falar da rulas, esas aves que nos mantiñan ocupados nas mañás e nas tardes de monte, coas vacas, buscándolles os niños. Máis dunha vez perdín as vacas ou o burro por andar detrás das miñas queridas rulas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PROGRAMA DEPORTIVO DE LA DIPUTACIÓN
Maese Bike: educando sobre ruedas
LA COMUNIDAD, A OSCURAS
Un eclipse espectacular con visión desigual en Galicia por las nubes
GUERRA EN IRÁN
Trump asegura tener el “control total” de Ormuz