Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
Vida de una trabajadora en una fábrica conservera
TÍA MANUELA
Eles, os que andan na acción permanente, tampouco o entenden. Non entenden nada, non saben cal é a razón para que os outros mintan e eles tampouco saben o que fan. Mentir, segundo o dicionario da RAG, “é dicir cousas que se sabe que non son verdade” ou “deixar ver algo que non é certo”. Os mentiráns son persoas embusteiras, que pretenden amañar, sen amañar nada, agrandando a desfeita e o descrédito.
Se miramos para os políticos, eles pensan que non. Fían da rendibilidade da trola e andan coa alburgada, como se os outros fosen parvos ou panocos dispostos a “comulgar con rodas de muíño”. A verdade! A verdade vai parella á realidade e non debemos esquecer que F. Nietzsche sinalaba que “soamente mediante o esquecemento pode o home algunha vez chegar a imaxinarse que está en posesión dunha verdade”.
Agardando estamos, pensando na desmemoria, mirando para a realidade cambiante, naufragando no mar transitado polos barcos, transatlánticos e grandes (ou grandísimos) iates de vela ou de motor. Agardando seguimos, e seguiremos, ata saber se é verdade ou mentira o que nos contan. Queremos indagar nas distintas correntes filosóficas e saber se a verdade pode ser mentira e se a mentira pode ser verdade. Quen sabe?
É certo que moitos queren a verdade cando lles parece conveniente, cando poden agarrarse a ela para defender os seus principios e, se é o caso, as súas propiedades e as dos amigos. E a mentira? Para que queren a mentira? Para o mesmo, para a súa defensa, a dos seus e a dos seus intereses. Iso si, todos saben, e vostedes tamén, que se pilla antes a un mentirán que a un coxo”.
Parece que a verdade e a mentira son ferramentas que amparan as ilusións das persoas, esas ilusións necesarias para vivir, para andar e para volver. Sería conveniente preguntar aos mentireiros, consultar nas alturas e pescudar nos arredores. Para que a verdade sexa verdade, hai que crer nela, respectar ao que se di e a quen o di.
Non estaría mal pensar que, como di aquel proverbio xudeu, coa mentira vaise lonxe, pero camiñas sen a esperanza de retorno. Xa o dicía Celso Emilio Ferreiro, “Camiñan ao meu rente moitos homes… e coma un irmáu che falo”. Aí seguimos, a Tía Manuela, como Bertolt Brecht, quere defender a verdade, aínda que sexa cun fero ataque. Nin máis nin menos!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
Vida de una trabajadora en una fábrica conservera
Jorge Vázquez
SENDA 0011
El talento que se queda
Carlos Risco
COSAS QUE NO CONVIENEN
Olvidar el gozo de escribir en tiempos de la IA
Editorial
EDITORIAL
Ni más corrupción ni más indecencia
Lo último
ENVÍOS DESDE EL EXTRANJERO
Nueve detenidos y 10.000 dosis de bótox intervenidas en una red de clínicas estéticas clandestinas en España
EXPECTATIVA DEL RECUENTO ELECTORAL
Colombia define su futuro político en unas elecciones presidenciales marcadas por la polarización
CIVITAS LIMICORUM
Xinzo de Limia revivió su herencia romana encendiendo el fuego sagrado