Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Autoridade divina
PENSAR POR PENSAR
Onte xoves, cinco anos e oito días despois de aprobada por unanimidade a Lei Orgánica de Regulación da Eutanasia, Noelia Castillo Ramos, unha moza catalá de 25 anos, conseguiu que lle sexa aplicado o dereito para morrer dignamente, despois de padecer un verdadeiro martirio relixioso e burocrático. Aseguraba Noelia que desde os 13 anos viviu un suplicio psicolóxico e físico por cuestións familiares, abusos sexuais e violación, internamentos terribles en psiquiátricos e intentos de suicidio. Tras guindarse desde un quinto piso quedou parapléxica e as súas ganas de morrer alcanzaron fama internacional. Con todos os avais médicos e legais necesarios, desde hai dous anos, pola actuación dun pai ausente da súa vida cotiá e a intervención do grupo denominado Abogados Cristianos, viu cernada a súa férrea vontade de persoa intelectualmente consciente e incapaz de soportar as dores físicas constantes, sen recuperación médica posible. Unha evidente inxerencia de elementos esóxenos na liberdade individual da paciente. Que pretenderon con semellante cruzada supostamente piadosa?
Na nosa sociedade constitucionalmente laica, igualitaria e solidaria, rexida por liberdades de pensamento e acción, protectora da saúde física e mental grazas a unha sanidade universal gratuíta, debese ser inaceptable –sen trámites nin tropezos- a intromisión de actuacións paternalistas guiadas por fundamentos anímicos dubidosos e, moito menos, as provenientes de pensamentos relixiosos respectables pero anacrónicos. Semellantes fundamentos teñen dous únicos fins reais: a prolongación da dor sádica e a incitación ao suicidio do doente. Un teatro con tinguiduras verdadeiramente medievais, por situalas nun tempo pretérito afastado, aínda que ben coñecemos que non habemos de ir tan atrás para atopar razóns ideolóxicas que avalan semellantes formas de entender a vida e a morte dos humanos. Esta perversa mentalidade está enraizada nunha parte da nosa sociedade, movida polos mesmos policías da fe que non dubidarían en formar parte de tribunais da Santa Inquisición e condenar á fogueira ou ao cadafalso a individuos por non practicar as súas mesmas crenzas. Posibles sucesores de quen, nos días da abolición do sinistro tribunal eclesiástico no século XIX, saíron ás rúas das nosas cidades e pobos gritando: vivan as cadeas!
O caso de Noelia, como no seu día o foi en Galicia e en toda España o de Ramón Sampedro, é un fito que debe mover os fíos do progreso social para librar aos nosos descendentes dos currais deses acervos culturais propios de sociedades obsoletas. O caso do cidadán galego Sampedro moveu as conciencias e accións políticas para propiciar que situacións como as de Noelia non sexan traumáticas. Agora o caso dela debería establecer a lexislación necesaria para que organizacións ideolóxicas e relixiosas non interfiran, capitaneadas co estandarte de falsas liberdades, nos avances e dereitos individuais. A vida non pertence a ninguén máis que a quen a posúe. Ademais, para os dous actos máis importantes do noso ser, a natureza non nos pide permiso: para nacer e para morrer. Por tanto, quen desde fóra tratan de manipular ou impedir os dereitos naturais para que non fagamos do noso corpo o maior instrumento de liberdade, non son dignos nin de respecto nin de apoios legais.
Aínda por riba, Noelia vaise nun momento histórico no que o protagonismo da morte, por obra e graza das mesmas mentes poderosas, presuntamente conservadoras, crentes e internacionalmente irresponsables, está a sementar o planeta de loito e de dor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Autoridade divina
Fernando Ramos
Patxi López, Quiles, provocación y mesura necesaria
Luis del Val
El PVV (Partido de Violadores Vascos)
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Noelia nos tempos da morte
Lo último
La Región
El noble arte de marear al reloj
CRÍTICAS AL GOBIERNO
El PP ve a María Jesús Montero y su entorno “podridos de corrupción”
REUNIÓN EN SANTIAGO
La primera ley de la infancia recibe el respaldo de Unicef
NUEVO ENFRENTAMIENTO
Vox ve “cobarde” a Feijóo y le acusa de estar tras los críticos