Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Regularización necesaria
Setembro sempre foi un mes de seca, mais neste ano o estío chegou a outubro e segue. Os encoros están moi baixos e hai que enchelos e as choivas fanse de rogar. Vivimos un tempo que se aveciña longo e atípico. Quen o diría! Segundo os meteorólogos a temperatura da terra segue a medrar e os fenómenos naturais como as danas son moito máis insistentes e perigosas. E aínda que polo noroeste sempre veñen as baixas presións estes últimos anos veñen moi secas. Mais a escaseza de auga pra encher os manantiais e os pozos ven acompañada dunha seca que na política amósase na escaseza de propostas pra sopesar e discutir asuntos sen exabruptos nin barbaridades. Os problemas da sociedade de hoxe reclaman solucións. Ou sexa: facer propostas pra sopesalas e se son boas levalas a cabo. Con todo, levamos un tempo onde a polarización, sobor de todo dos que hoxe están na oposición ó goberno, faise con moitas saídas de ton e con moi escasos argumentos. Vivimos un tempo onde seica todo é corrupcion. E eso amosa que moitos representantes públicos están entregados ó tu máis e o aplauso chocalleiro cando os seus líderes lanzan ó vento verbas que, nalgúns casos, son insultos á intelixencia.
No canto da política tamén precisamos que chova e mudando as formas; que paren os insultos á intelixencia, e que remate a seca de propostas
Polarizar é o obxectivo, pois de como vai a vida e os problemas nada se di. Soamente se fala das corruptelas do adversario e, como di o manual, esquécese da propia. Levamos un tempo, máis de dous anos, no que falar e berrar, como di o refrán, non ten cancelas. E con esa linguaxe medrando escóitanse verbas que arrepían o corpo de calquera persoa sensata. Porei algúns excesos recentes: España é unha democracia fallida, é un narcoestado; vivimos nun guerra civilismo, etc. E todo pra rematar con que na miña comunidade non acato a lei do Estado. Esas e o pin pan pun que ninguén pronunciou marcan o nivel dos debates. Todo xunto con outras lindezas que di a presidenta madrileña e que os seus deputados aplauden a rabiar. O obxectivo é desprestixiar as institucións e a quen as goberna. Polo que o nivel que amosa certa clase política comenza a dar vergoña, dado que sigue enrocada facéndolle xogo á extrema dereita, cando debía xogar a converterse nunha dereita europea e xogar a ser centrista de verdade. Polo que prefire seguir na broca fuxindo de falar da economía, do paro, da vivenda e de moitos problemas que deberan centrar o debate político. E todo isto comenza a cansar á cidadanía e a producir un efecto rebote que xa se nota nas enquisas. Ou sexa: unha oposición que perde fol. As eleccións neste pais gaña que é capaz de conquistar o centro político, e os socialdemócratas están ben postos no camiño. Pois xa son o centro social deste estado. Polo que mentres Madrid mande nos resto dos populares da península, percibo que Feijoo camiña sobor de areas movedizas e veremos o que dura.
En fin, setembro sempre foi un mes seco. De feito temos os manantiais moi escasos de auga e os encoros tamén; o dito de que sempre é tempo bo cando non chove, é unha cantinela da que falan soamente os urbanitas. As xentes do rural entenden o tempo doutra maneira. Polo que compre que chova para que os nosos eidos se fornezan de auga. E no canto da política tamén precisamos que chova e mudando as formas; que paren o insultos á intelixencia, e que remate a seca de propostas. Necesitamos debates sosegados sobor de moitos asuntos. Xa está ben de tanto berro e insulto. Pois cando unha oposición soamente berra, insulta, cada día que pasa perde forza, dado que o insulto soamente leva ó odio e o odio ó enfrontamento. E a gran maioría da xente non ve con bos ollos que un partido con aspiracións de goberno siga ise camiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Regularización necesaria
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Confusión y relato
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Sempre respectable
Rosendo Luis Fernández
La provincia de Ourense en Fitur
Lo último
FINANCIACIÓN EUROPEA
Bruselas, abierta al envío de 90.000 millones para Ucrania
ENCUENTRO GASTRONÓMICO
La androlla será la reina de Viana el Domingo Gordo
TRACTOR 4X4
Carballeda priorizará la prevención de incendios