Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Non hai campaña electoral sen que escoitemos ata a saciedade por parte de todos os partidos políticos que “hai que protexer ao rural”, pero, unha cousa é predicar e outra dar trigo. As veces, con grandes accións e outras con “aparentes pequenas modificacións”, ese rural é reiteradamente “agredido” en troques de “protexido”
A Xunta de Galicia ten prevista unha modificación da Relación de Postos de Traballo que afecta á Consellería do Medio Rural na que, en vez de reforzar as unidades administrativas do rural, pretende substituír pezas clave como o persoal técnico agrario por persoal técnico forestal.
Considero que a pretensión de dotar as Oficinas agrarias comarcais de profesionais da rama forestal pode ser útil e interesante, pero este tipo de modificacións non debe ser por sustracción, senón por adición. Non se pode quitar unha praza técnica agrícola para poñer unha forestal. Non se pode espir un santo para vestir outro
Insisto, hai que sumar e non restar. Pódese crear a praza de técnico forestal nesta unidade
Por exemplo, a oficina agraria de Castro Caldelas, que xestiona tamén os concellos de A Teixeira, Montederramo e Parada do Sil, unha das poucas comarcas gandeiras que subsiste nesta Galicia rural do interior de Ourense, 31.000 hectáreas con máis de 7.000 vacas e cunha interesante e recuperada vocación vitivinícola, perdería ao único técnico agrícola para ser reemprazado por un técnico forestal.
Insisto, hai que sumar e non restar. Pódese crear a praza de técnico forestal nesta unidade, pero sen suprimir a única e necesaria asesoría agrícola de que dispón a Administración Pública nesta oficina.
Na proposta de modificación da Relación de Postos e Traballo que propón a Dirección Xeral de Emprego Público da Xunta de Galicia dáse preferencia a ser cubertas por persoal forestal un total de catorce prazas que substituirían a outras tantas de persoal agrario, afectando tamén as oficinas de Xinzo (comarca da Limia) e Verín (Comarca de Monterrei), ademais doutras como Betanzos, Teixeiro, Cedeira, Ribadeo, Castroverde, Vilalba, Guitiriz, Lalín, Silleda ou Vilagarcía ...
Polo que teño escoitado á conselleira do Medio Rural, Dª María José Gómez, e tamén aos seus predecesores, estou seguro que coinciden coa miña apreciación. Esta decisión que pretende a Consellería de Facenda e Administración Pública para corrixir os seus propios erros vai en contra do rural, da agricultura, da gandería. Conselleira, non permita que se cometa esta tropelía, esixa a creación destas e outras prazas forestais, caso de ser necesarias, sen prexuízo das xa existentes de persoal técnico agrícola. Así se constrúe o rural. Non ao revés.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último