Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Non se entende
TÍA MANUELA
Xuntáronse no portal e ningún dos veciños daba creto do que estaba a suceder. O gasóleo da calefacción supera o un con cinco euros por litro. Miraban uns para os outros e para as outras e rían, “por non chorar”. A veciña do terceiro dixo que en maio de 2021, cando lle tocara a ela comprar, o prezo caro deste produto indispensable para apartar o frío dos ósos, era de setenta e cinco céntimos por litro. Era, pero hoxe xa é outra cousa, o cincuenta por cento máis caro. Foi subindo e, en novembro de 2025, estaba a un con cero oito euros o litro.
Ninguén ten explicacións para semellante desproporción. A mesma desproporción do prezo de outros produtos básicos, como os ovos, o peixe, a carne, as verduras e a froita. Un amigo e lector deste xornal, don Silverio Casagrande, pola contra, di que comer é moi barato. El, cunha cunca de caldo, cocido con unto, e cun xurelo fritido tamén nesa graxa amarela que envolve os intestinos dos porcos, come cada día (e chégalle ben) por dous ou tres euros.
Co prezo dos bens necesarios custa moito resistir, aínda que sexan aqueles acostumados a aguantar
Comer si, pero tamén hai que quentarse. Cómpre quentar as mans, os pés, a auga e a cociña; o espírito, o carrelo e a barriga. Co prezo dos bens necesarios custa moito resistir, aínda que sexan aqueles acostumados a aguantar. Aqueles que observan, na súa propia casa e na carteira, como o salario non alcanza, a pesar do falar triunfalista dalgúns gobernantes e políticos, que non saben o que é cobrar por traballar.
Na reunión de veciños estaba a dona do segundo andar, unha muller ben falada, preparada e defensora da igualdade entre homes e mulleres, entre nenas e nenos, entre avós e avoas; defensora, dicimos, da igualdade e nada máis. Ela, esta veciña informada, chegou coa nova de que Iolanda Díaz, a vicepresidenta segunda do Goberno de España e ministra de Traballo renunciaba á candidatura para dirixir a Organización Internacional do Traballo (OIT).
Na reunión, a discusión foi pequena, aínda que un dos participantes apuntou algo relevante, “á ministra faltoulle o apoio do sindicalismo”. Aos presentes veulles á memoria o pensamento de que, diga o que diga o Goberno, cada un dos ministerios e o partido (partidos) que o sustentan, os salarios actuais da clase traballadora non dan para nada. Despois de tanto falar, prometer e arengar, como di a Tía Manuela, “non se entende”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Non se entende
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El piquete electoral
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
De Gaspar a Pensilvania: a historia esquecida de Antonio Guede Quintas
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Más vivienda
Lo último
ELECCIONES GENERALES
PP y Vox refuerzan su relato mientras la izquierda se pelea
PROGRAMA DE INCLUSIÓN
El Campus trabaja en el acceso académico de jóvenes tutelados
BULLYING PRESENCIAL Y ONLINE
Las víctimas de acoso escolar disminuyen un 13% entre 2023 y 2026