Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
De Gaspar a Pensilvania: a historia esquecida de Antonio Guede Quintas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
Ás veces, as hemerotecas gardan historias de persoas que, malia teren vivido lonxe da súa terra, nunca deberían quedar no esquecemento. Na procura de personaxes e novas relacionadas coa miña vila e co concello de Baños de Molgas, atopeime coa figura de Antonio Guede Quintas, un sindicalista e militante libertario galego que naceu en Gaspar, unha pequena aldea deste municipio ourensán, e morreu en Jessup, Pensilvania, o 13 de novembro de 1937. Este pasado venres cumpríronse 89 anos do seu falecemento.
Mineiro de profesión, Guede viviu arredor de trinta anos en Norteamérica, repartindo a súa vida entre Pensilvania e Canadá. Lonxe da súa Galicia natal, mantivo unha intensa actividade sindical e solidaria, vinculada ó movemento anarquista e libertario. A súa participación non se limitou á militancia persoal, senón que tamén prestou apoio económico a compañeiros e iniciativas que defendían os ideais de emancipación dos traballadores.
Hoxe, case nove décadas despois, recuperar o nome de Antonio Guede Quintas é tamén recuperar unha parte da historia de Baños de Molgas e da emigración galega
Un dos episodios máis significativos da súa traxectoria produciuse en 1924, cando contribuíu a financiar a viaxe de José Ledo Limia, outro veciño de Gaspar do movemento anarquista, e outros dezaseis galegos ós Estados Unidos, coa colaboración de militantes mexicanos. Dous anos despois, en 1926, desde Scranton, achegou fondos para a defensa e os gastos de presos mexicanos en Texas. En xaneiro de 1927, a súa actividade de relación e contacto entre militantes quedou reflectida nun anuncio publicitario na revista Sagitario, de Tampico, no que procuraba localizar a José Rodríguez Blanco, natural de Puebla de Sanabria.
A súa presenza tamén quedou rexistrada na prensa libertaria da época. Entre 1927 e 1929 colaborou en Cultura Proletaria, publicación editada en Nova York, así como en El Libertario, de Madrid, e na xa citada Sagitario. Esta última, fundada e dirixida en México polo escritor Humberto Rivas, entre 1926 e 1927, foi unha revista literaria e cultural que serviu de ponte entre as vangardas europeas e hispanoamericanas e a realidade política daqueles anos. Un espazo no que cultura, pensamento e compromiso social atopaban un lugar común.
Hoxe, case nove décadas despois, recuperar o nome de Antonio Guede Quintas é tamén recuperar unha parte da historia de Baños de Molgas e da emigración galega. Un home nacido nunha pequena aldea que, desde a distancia, contribuíu á organización e á solidariedade obreira en América. A súa historia lembra que a memoria dos pobos tamén se constrúe coa vida de persoas anónimas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
De Gaspar a Pensilvania: a historia esquecida de Antonio Guede Quintas
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Más vivienda
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
1659: España y Francia firman la paz en los Pirineos
Pilar Cernuda
CRONICA PERSONAL
Sí, Sánchez es capaz de cualquier cosa
Lo último
ELECCIONES GENERALES
PP y Vox refuerzan su relato mientras la izquierda se pelea
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Derechos de expresión y opinión
NUEVOS SERVICIOS
Las universidades gallegas apuestan por la atención psicológica