Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Estaba morta de medo e a punto de morrer. Alí, naquela casa grande e escura, estaba soa e triste mirando para o infinito, para onde se pode ver todo ou nada. O día era bretemoso, escuro como a alma dela, como as aldeás noites de inverno, coma o tempo frío, como a cara dos pobres. Estaba agardando por un consello que lle aledara o corazón, que lle suprimira algo do sufrimento e que lle dese forza para seguir vivindo agarrada á vara máxica.
Era perigoso intentar axudarlle. Non quería nada. Todo lle chegaba e todo lle sobraba, como lles sobra ás ovellas merinas o pasto que non poden comer e a auga que non queren beber. Que é o medo? É unha emoción antiga e propia do ser humano. Como dicía un antropólogo amigo, “o medo é un enorme macuto para levar no lombo”.
Pensadores da antigüidade como Homero, Sócrates, Platón ou Aristóteles, fixeron longas reflexións sobre o medo, que “aparece frecuentemente no campo de batalla”, o medo á morte, ao fracaso e á humillación. Algúns téñenlle medo á ignorancia, outros pensan que é unha protectora da valentía, xa que “tememos unicamente o que coñecemos”. Hai quen asegura que non pode ter medo á morte, ao non saber se é boa ou mala.
Tamén sería ben recordar aquí e aprender de Octavio Paz
Platón, pola súa parte, di que o medo é como unha paixón capaz de desviar ás persoas da verdade e da xustiza. Os políticos en acción deberían ler ou reler La República, para, como di Platón, controlar coa razón o que falan e fan, para actuar con coñecemento exhaustivo e claridade total, no marco da honestidade conveniente e necesaria.
Tamén sería ben recordar aquí e aprender de Octavio Paz, cando dicía que as masas humanas máis perigosas son aquelas ás que lles inxectaban nas veas o veleno do medo”. O Premio Nobel de Literatura en 1990 e Premio Cervantes en 1981, referíase ao medo ao cambio.
O profesor de Filosofía e Teoría Cinematográfica, da Universidade de Oviedo, Vicente Domínguez, estudia cientificamente este tema, no artigo “El miedo en Aristóteles” e vai degrañando minuciosamente como o medo está inscrito na alma humana. Dicía un accidentado cando o sacaron con vida da cabina do camión, “o medo cortábame as pernas, o alento, os xeonllos, os brazos e a alma miña.”
A Tía Manuela, con medo ou sen el, cala, “non sei de que falar”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
El Gobierno retrocede y trocea
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
O mundo ten alzheimer?
Lo último