Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Nunca me gustou demasiado agosto, con todo o respecto para os millóns de persoas que soamente poden coller os seus días de asueto neste mes. Pero o caso é que sempre sucede algo malo ou moi malo, como foi o pasamento hai unha semana da nosa querida Asun, coñecida a nivel autonómico e nacional polas entrevistas en prensa, radio e televisión que lle facían polas súas aparicións no balcón da casa do Carballiño cando xogaba o C.D. Arenteiro, desde onde tiña unhas vistas privilexiadas, facendo festa rechada con máis de 25 convidados cando o partido era de especial relevancia, como foi contra o Atlético de Madrid na Copa do Rei, onde houbo pulpo, empanada, carne ao caldeiro e viño do Ribeiro para toda a parroquia congregada. Asun era así de espléndida e vitalista, sempre cun sorriso contaxioso que moitos de nós puidemos gozar durante os moitos anos que compartimos traballo e amizade na Universidade Laboral de Ourense, onde ela mantiña relación estreita con todo o persoal docente e non docente, e onde se implicaba ata a médula en todo no que podía botar unha man, mesmo de seareira nos partidos que se xogaban no Polideportivo que leva o nome doutro amante da UNI, o sempre querido José Luis Llamas.
Asunción era o cordón umbilical que mantiña unidos aos alumnos internos coas súas familias en tempos nos que os móbiles non existían; daba igual se os rapaces eran de Cáceres, Valencia, Córdoba, O Barco, Vigo ou Salceda de Caselas; os pais chamaban para solicitar falar con eles e era Asunción quen xa lles transmitía a mellor información antes ca ninguén. Asun era a telefonista, non a psicóloga, que para iso exercían a súa profesión Manel, Juanjo ou Anxeles Cuña, pero podía axudarnos aos que tiñamos a encomenda de tutelalos no internado ou darlles clase a que saísen de pequenas depresións adolescentes ou manter boa comunicación cos seus pais que estaban durante varios cursos a moitos quilómetros de distancia, voltando aos seus lugares de orixe soamente nas vacacións, como eu mesmo fixen no meu paso polas Laborales de Cheste ou Eibar. Asun estaba perfectamente informada de todo canto lle acontecía a cada un deles, todo pasaba por ela e polo noso querido eterno director Pepe Carballeira, que tanto significou para a nosa UNI, a onde segue asistindo nas moitas xuntanzas que convocan os antigos alumnos e alumnas.
Asun xa o tiña todo medio pensado para facer unha festa rachada, como eu o fixen para organizar o décimo aniversario, no que ela me botou, xunto con Llamas e moitos outros compañeiros, unha man imprescindible
É unha tremenda pena que Asun non poida gozar in situ, pero sí dende onde queira que estea o seu espírito “laboreiro”, dos 50 anos da creación daquel Centro Educativo do Barrio da Cuña que moitos entusiastas botamos a andar no ano 75, polo que se cumpren as vodas de ouro o ano que ven. Asun xa o tiña todo medio pensado para facer unha festa rachada, como eu o fixen para organizar o décimo aniversario, no que ela me botou, xunto con Llamas e moitos outros compañeiros, unha man imprescindible. Recordo a última vez que vin ao amigo Llamas enriba do escenario do salón de actos, co tamén moi querido profesor Adolfo Salgado, representando unha obra de teatro con febre de máis de trinta e nove graos que o debería manter ingresado no hospital pola súa enfermidade, pero dixo aquelo de “terán que pasar por encima do meu cadáver”.
Querido Llamas, querida Asun, sempre seredes a referencia imprescindible para os que tanto amamos, quixemos e seguimos querendo no recordo á Universidade Laboral de Ourense, onde fomos tan felices.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor