Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Nosferatu foi o nome que utilizou Friedrich Willhelm Murnau no 1922 para adaptar ao cinema o Drácula de Bram Stoker por non posuír os dereitos da novela. Max Schreck foi o actor elixido para encarnar en sentido literal ao protagonista do filme. “Non é un actor, é un vampiro de verdade”, era o runrún que corría durante a rodaxe. E cos anos o rumor creceu de forma tan desmesurada que aínda hoxe moitos se preguntan quen fora realmente Schreck - o filme La sombra del vampiro (2000) de Elias Merhige tamén axudou a potenciar esta lenda.
Máis aló do papel de Max Schreck - na realidade actuou noutras 40 películas - non se pode esquecer o Drácula clásico, interpretado por Bela Lugosi ou o actor - e monstro real na vida privada - Klaus Kinski que interpretou o Conde Orlok no Nosferatu, vampiro de la noche do 1979 de Werner Herzog. Persoalmente, considero este remake do cineasta alemán unha das súas peores películas – de lonxe é máis logrado o filme Woyzeck, do mesmo ano.
Robert Eggers, que descubriu o filme de Murnau con 9 anos – e que con 17 xa o levou ao teatro –, agora ofrécenos outra versión cinematográfica, quizais a definitiva desta historia. Neste ultimísimo remake, Bill Skarsgård interpreta o papel do célebre chupasangue. Aínda que a película céntrase máis sobre o papel de Ellen, interpretada por Lily Rose Depp, que no vampiro. O filme explora de forma inédita o triángulo amoroso Ellen-Orlok-Hoult desde o punto de vista da insatisfacción sexual de Ellen. A moza deberá entregarse aos avances do Conde para poder liberarse do que os médicos chaman ‘melancolía’. Por outro lado, Hoult, o seu noivo, non o pasa moi ben durante o filme. Enganado pola súa futura esposa, explotado polo seu xefe, acaba sendo o centro das burlas dos xitanos, mordisqueado polas ratas e cazado polos lobos, e definitivamente non é o heroe clásico destinado a matar o mostro e liberar a moza do seu feitizo.
Máis aló das novidades do discurso narrativo – máis acorde cos tempos de hoxe – o Nosferatu de Eggers é un filme formalmente impecable. O cineasta cumpre unha operación estética e nostálxica, ofrecendo un Nosferatu analóxico libre de efectos dixitais. O filme rodouse en máis de 60 escenarios reais onde cada toma implicaba unha luz e unha determinada posición. Entre as localizacións elixidas, Eggers utilizou o castelo de Pernstejin que foi a morada de Orlok utilizada por Werner Herzog, e nunha das escenas culminantes do filme, o cineasta utilizou arredor de 5.000 ratas – pero sen pintalas de gris como fixo o cineasta alemán. O filme benefíciase deste exceso de realismo tamén grazas ao extraordinario traballo fotográfico de Jaren Blaschke, colaborador habitual de Eggers e que parece modelar a luz e as sombras con absoluta naturalidade creando unha atmosfera gótica envolvente. Entre as referencias cinéfilas xa citadas, incluíndo o expresionismo alemán, atoparemos mencións á pintura romántica e ao prerrafaelismo.
Definitivamente Nosferatu de Eggers é un filme de “terror elevado”, unha homenaxe reverente aos vampiros clásicos pero cun toque persoal. Consegue colocarse a medio camiño entre o cine de autor e o máis comercial. É un filme que gustará aos cinéfilos máis exixentes, e que saciará a sede de sangue dos amantes do xénero.
La cartelera ofrece a partir de hoy la cinta de terror “Hombre lobo” y el thriller protagonizado por Nicole Kidman y Antonio Banderas “Baby girl”. También llega el drama sobre las revueltas protagonziadas por mujeres en Irán “La semilla de la higuera sagrada”, la película de animación “Norbert” y “El juicio del perro”.
Leigh Whannell dirige “Hombre lobo”, la cinta de terror en la que el protagonista es un hombre casado y padre de familia residente en San Francisco que hereda la remota casa donde creció en una zona rural de Oregón tras la desaparición de su propio padre, dado por muerto. En plena crisis de pareja con su enérgica esposa Charlotte, la convence para tomarse un descanso de la gran ciudad y visitar la propiedad acompañados de su hija Ginger.
“Baby girl” es un sensual thriller erótico que narra la historia de Romy, una alta ejecutiva que inicia una ardiente aventura de sexo extremo con su joven becario, Samuel, a espaldas de su marido. Esta tórrida relación extramatrimonial le permitirá encontrar el camino hacia su libertad sexual, a pesar del riesgo y los prejuicios. Halina Reijn dirige esta cinta con Nicole Kidman y Antonio Banderas en el reparto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
EN CONFIANZA
Carlota Cao, doble premio por su joyería artística