La Región
ZONA VERDE
La noche en que las hierbas se vuelven mágicas
Faltan noticias sobre o inferno. En parte, porque escasean os cronistas do inferno, eses individuos capaces de ollar cara ao punto exacto onde están as tebras e deter a atención en plena distracción; lograr a quietude na metade do caos. Non vale calquera para ollar directamente a esa escena arrepiante. O normal e quedar cego cando se intenta, ou simplemente carecer da agudeza necesaria para distinguir a infamia, o lume. Nalgunha medida, o inferno é un lugar invisible, e de aí a escaseza de narradores capaces de descubrir a súa presenza. Que é o inferno? Pff. Calquera cousa, en determinado momento, resulta infernal. O xefe pode ser o inferno. Ou a estrada. A parella. A cocaína. O twitter. A escola. A indixencia. O xornal. O amor. Todo iso e nada diso, porque o inferno é inapreciable, incluso inexistente, a menos que estea narrado por un xenio. O inferno, dicía Sartre en Puertas cerradas, son os outros, removendo o que anunciara Hobbes séculos antes. Nada relevante se sigue, en todo caso, de saber onde arde a vileza en casa instante, senón de que maneira se vive a proximidade ao lume e como os demais coñecemos, a través dunha narración, ese sufrimento que causa.
Habitualmente, o inferno está mal narrado. Ou non está narrado. Hai unha deficiencia nos textos que dificulta a súa aprehensión. Non se descende dabondo. Talvez ese é o problema. Pretendemos achegarnos dende a superficie. É necesario descender a esas simas. Nin sequera é suficiente descender. Hai que arroxarse. O inferno só se aprecia ben dende o seu interior. A crónica precisa proximidade. Logo, ao inferno convén precipitarse, caer duramente, resultar ferido. Non hai que morrer pero si quedar afectado, moribundo, para sobrevivir e logo escribir dende as secuelas.
Existe unha clase de inferno que somos nós mesmos. Cada un. Eu, vostede, todos. En todo home, sostiña Papini, grande ou pequeno, hai sempre esterco e lume. Pero tamén está o inferno, digamos, compartido, a campo aberto, que nos vincula. Como cando había teleclubes. Os dous esixen narradores perfectos, quizais perturbados, porque poucos lugares hai máis interesantes pero máis difíciles de captar. Precisamos, dito coa expresión amarga de Faulkner, xente disposta a tiralo todo pola borda, o honor, a decencia, a felicidade, todo, xente incluso capaz de roubarlle á súa nai, con tal de reflectir con precisión o inferno. O que non hai.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
ZONA VERDE
La noche en que las hierbas se vuelven mágicas
Carlos Risco
COSAS QUE CONVIENEN
En el amor
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Las gacelas no hacen ruido
Luis Sotelo
De la Alameda al Concello en autobús
Lo último
DISTRICTO CENTRAL DE LEIRÍA
Un incendio forestal procedente de Portugal cruza la frontera y alcanza ya la zona de Manzalvos, en A Mezquita
LA ESTACIÓN MÁS LARGA DEL AÑO
El verano empieza este domingo, 21 de junio, a las 10:24 horas
VIAJE INSTITUCIONAL DE CLAVIJO
Canarias prepara más de 30 actos para celebrar los 300 años de la fundación canaria de Montevideo