Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Xa teño o número escrito no caderno. Que número? Non sei. Non o entendo. Agora vexo que é un garabato debuxado de calquera maneira. A ver se vai ser un número de circo, dime alguén ó oído. Nin é de circo, nin é arábigo, nin é romano. Será un número de exemplares? De que?, volve ladrar alguén por detrás. pero quen rosma ás miñas costas! Covarde, sae de aí, covarde!, berro. Ui, rapaz, que mal te vexo. Agora o son xa me chega por todos os lados. Menos mal que me concentro de tal maneira que deixo de oír ruídos e tan só contemplo o número. O número que non entendo. pouco a pouco empezo a pensar se non será mellor que escriba outro. Pero, e se tampouco o entendo? Sei ler os números pero cústame moito escribilos. tan só quero escribir un. Empezo a suar. Ui, rapaz, mira que te vexo mal de verdade. Esa voz... esa voz xa me empeza a amolar. De todas formas, imos alá. Escribo o número. Que número é? Non sei. Non o entendo. Tiro o lapis, rompo o caderno e deixo que catro bágoas baixen dos meus ollos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Julia Navarro
Madres, padres
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Crónica del perdón necesario
José Antonio Constenla
MI PLAN PERFECTO
Estoy otra vez allí
Lo último
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto