Núremberg

¡BUONE VISIONI!

Publicado: 05 dic 2025 - 00:06

Núremberg.
Núremberg.

Oitenta anos despois da súa celebración a finais da segunda guerra mundial chega á gran pantalla Núremberg, a recreación do primeiro xuízo mediático da historia. James Vanderbilt, guionista de títulos como Zodiac (2007) ou dalgún dos capítulos da saga de Spiderman ou Scream, realiza a súa segunda película como director despois de La verdad (2015), un filme que xa deixaba claro as súa intencións como creador. Valderbilt, no seu papel de director, quere distanciarse do cine máis lúdico, apostando por historias cunha forte vertente xornalística e política pero sen renunciar ao entretemento. A súa intención é a de recuperar a ambición de certo cinema histórico que se realizaba nos anos oitenta e noventa e que, durante máis de dous décadas, case deixouse de producirse.

Baseado no libro O nazi e o psiquiatra de Jack O-Hai, Núremberg distánciase doutras películas ou series sobre os mesmo acontecemento como ¿Vencedores o vencidos? (1961) de Stanley Kramer ou Núremberg (2000) de Yves Simoneau. A longametraxe de Vanderbilt céntrase principalmente sobre a relación entre o psiquiatra estadounidense Douglas Kelley (Rami Malek), encargado de determinar se os prisioneiros oficiais nazis son aptos para ser xulgados polos seus crimes de guerra, e Hermann Göring (Russell Crowe), man dereita de Hitler.

O filme ten o estilo dun thriller bastante clásico, ten unhas ambientacións bastantes cribles, pero a innovación estética non é precisamente a súa finalidade

A proximidade entre os protagonistas consegue transmitir un punto de vista diferente sobre o xuízo e sobre os crimes cumpridos durante a ditadura nazi. O duelo psicolóxico que se crea entre os dous, a tensión que xera esta relación, a humanización do mal e as preguntas que expón son os aspectos máis relevantes do filme. Núremberg deixa bastante evidente que, nalgunhas condicións históricas, calquera cidadán pode chegar a apoiar crimes de estado, e sen ter que asumirse responsabilidades directas. Núremberg apóiase nas mesmas imaxes sobre os campos de exterminio que se proxectaron por primeira vez no xuízo. É o punto de inflexión do discurso, onde o psiquiatra e os espectadores xa non poden poñer escusas aos xerarcas nazis polas abominacións que cumpriron cando estaban no poder. Russel Crowe interpreta a un Göring histriónico, patoloxicamente narcisista, cunha mente aparentemente brillante e uns bos modais que utiliza para sortear os seus cargos. Pero, ao final do filme, o que queda verdadeiramente no recordo do espectador é a tráxica figura do psiquiatra Douglas Kelley, que pasou o resto da súa existencia intentando espertar conciencias, sen resultado.

O filme ten o estilo dun thriller bastante clásico, ten unhas ambientacións bastantes cribles, pero a innovación estética non é precisamente a súa finalidade. Son as conclusións aterradoras que saca Núremberg as que removen o espectador na butaca. O fráxil que pode chegar a ser a democracia e como segue sendo sedutora e moi presente a banalidade do mal.

Contenido patrocinado

stats