Fernando Jáuregui
Ahora somos “país refugio”, mire usted por dónde
A miña ignorancia sobre a maioría das cousas é supina. Non obstante, hoxe escribirei sobre un tema no que esa ignorancia non pode ser total: refírome á docencia. En vinte e catro anos de estudante, repartidos entre unha escola, dous institutos e tres universidades, e corenta de profesor, nunha universidade e en tres institutos, algo debín aprender de todo iso. Así que, unha vez anunciada polo ministro do ramo a próxima posta en marcha dun MIR para profesores, permítanme que escriba algo sobre o acceso á función docente.
Cando eu rematei os estudos da miña primeira carreira, hai diso corenta anos, un licenciado podía presentarse ás oposicións para profesor; o único que se lle pedía a maiores era a realización do chamado CAP (Curso de Aptitude Pedagóxica), que tiña unha duración de seis meses e consistía nunhas poucas clases de pedagoxía e nunhas cativas prácticas nun instituto. En xeral, os opositores considerabamos aquel CAP unha perda de tempo, pero había que facelo e xa estaba; ademais, apenas roubaba máis tempo có das clases e compaxinábase facilmente coa preparación da oposición. Desde hai uns sete anos esíxese o denominado máster do profesorado, dun ano enteiro de duración, moito máis caro co antigo CAP e cunha esixencia de dedicación dos alumnos incomparablemente maior. Pero o caso é que a maioría dos profesores que se incorporan por esta vía á docencia transmítenme a mesma opinión sobre este máster cá que nós tiñamos do CAP: que se trata dunha absoluta perda de tempo.
Eu, se queren que lles diga, xa supoñía algo así. En España, de hai uns vinte e cinco anos para aquí, o principio do beneficio económico ocupa o centro de tódolos intereses vitais, incluso en espazos onde non cabe tal principio: caso dos bens públicos. Deste xeito, cando se fai algunha proposta, sexa do tipo que sexa, e preséntese como se presente, o que realmente impulsa as decisións, na maior parte dos casos, son os intereses pecuniarios de determinados grupos de futuros beneficiados. E todo o resto é secundario.
É falso que o problema da educación en España radique na formación inicial do profesorado. O problema está dentro, na propia ordenación do sistema educativo, que semella unha empresa con traballadores cualificados pero que falla na organización. Por iso nunca cabe esperar grandes resultados neste campo, e cando se produce algún é a pesar da deficiente dirección.
Que significará ese novo MIR que agora se anuncia? Deixen que llo diga: máis exames e penalidades para quen pretenda ser profesor, maior retraso na idade de incorporación do profesorado a un traballo estable, un bo negocio para todos os que participen da nova estrutura e ningunha mellora substancial do sistema educativo... Unha pregunta final: por que non se copia o modelo de acceso dos xuíces: primeiro a oposición, sen necesidade de máster, e logo a formación específica e práctica nunha escola de profesores semellante á Escola Xudicial; algo parecido, por certo, ó que se fai en países coma Francia ou Finlandia? Permítanme unha resposta: non se fai porque iso significaría o remate dun gran negocio para algúns!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
Ahora somos “país refugio”, mire usted por dónde
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Un mal trago para Sánchez
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
La esperanza de un futuro digno para el Hotel Miño
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El ruido
Lo último
SOCIEDAD FILATÉLICA MIÑO
Ourense recorre la Semana Santa a través de sellos
"INFLUIR" EN LOS RESULTADOS
El PP denunciará a Tezanos por “inflar” datos del PSOE
CONSERVACIÓN DO PAZO
Rueda avanza que a Xunta de Galicia quere a xestión de Meirás
REFORMA DEL CÓDIGO PENAL
Andorra considera como prostitución pedir y pagar contenido sexual online