Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
Ata mediados de xullo, salvo catástrofe planetaria, ningún evento gozará da relevancia mediática do mundial de fútbol. Porque se trata do maior espectáculo do mundo: ningún outro acontecemento cultural concita a atención de tanta xente en tódolos continentes. Non obstante, é relativamente novo, como o son todas as competicións deportivas que son espectáculos de masas. A maioría naceron como tales no período de entreguerras (1919-1939) -coma o fascismo-, cando superaron o espírito orixinal da práctica deportiva, estritamente pedagóxico, para transformarse en diversións de masas; un cambio favorecido pola urbanización, a construción de grandes recintos e a chegada dos noticiarios cinematográficos e radiofónicos. Aínda así, o ciclismo e o atletismo foron favoritos das masas antes có fútbol, que celebrou o primeiro mundial en 1930, en Uruguai, onde no participou España. Pero o verdadeiro auxe do campionato produciuse a partir do mundial de Brasil de 1950, que é desde cando se celebra seguido cada catro anos.
Os afeccionados ó fútbol adoitamos utilizar os mundiais como referencia do paso do tempo. O meu primeiro mundial na memoria foi o de Inglaterra 66, que estreaba televisión en directo e repetición das xogadas. Vin todos os partidos no Bar Alfonso de Ribadavia, e lembro tan ben o gol da furia de Sánchis contra Suíza, coma o gran desgusto pola perda e eliminación fronte a Alemaña, por 2-1, logo de comezar gañando con gol de Fusté. Logo veu a nosa ausencia de México e de Alemaña, no 70 e no 74, mundiais nos que eu ía por Brasil por unha razón de peso: tiña boa parte da familia alí. E despois veu a clasificación para Arxentina 78, xa coa televisión en color, co gol de Rubén Cano en Belgrado, nun partido que se xogara á mañá e que vira nun ateigado Bar Fontecada, na Praza Roxa de Santiago: por onde non pasaran nin coches nin persoas durante as dúas horas que durara aquela batalla campal; logo o papel de España fora penoso, salvándose se acaso da desfeita Miguel Angel, o porteiro ourensán do Real Madrid. No 82 foi o mundial de España, e outra gran decepción cos nosos, pero o fútbol fora fantástico; dous partidos, Brasil-Italia e Alemaña-Francia, están entre os mellores da historia dos mundiais. México 86 foi o mundial de Maradona, pero tamén o de Buitragueño, ‘O neno’, e o do gol fantasma de Michel contra Brasil; para min foi o de Carballo, vendo os partidos co meu lembrado amigo Carracedo, a golpe de cubatas, no bar de Artes. Dos posteriores tamén me lembro, especialmente do de Sudáfrica, polo trunfo de España, pero xa non tanto: coa vida adulta as paixóns da mocidade vanse atenuando, e a memoria xa non fixa de igual xeito aquilo que nos acontece.
Cambiou moito o fútbol nos últimos vinte ou trinta anos. Se no pasado o importante era o deporte, hoxe éo o espectáculo que sostén un negocio multimillonario e unha ideoloxía global, bastante parecida a unha relixión. Unha nova modalidade do “panem et circensis” romano, no que os futbolistas, mercenarios ó servizo do mellor postor, xogan o papel dos antigos gladiadores. Unha gran maquinaria propagandística ó servizo do poder e dos cartos: que importa, por exemplo, que Rusia non respecte dereitos democráticos, que interfira nas eleccións doutros países ou que manteña a guerra en Ucraína? Nada: hai negocio e hai goles.
Aínda así, descúlpeme Ferlosio, o fútbol é un deporte marabilloso, e un mundial unha fermosísima competición: que sempre paga a pena ver.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
Iván González Decabo
DIARIO LEGAL
El Supremo pone en la diana al préstamo familiar
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Locus amoenus, narrativa local trufada de literatura para una muestra de historia personal
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
El experimento de Minnesota
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Nueve implicados en un accidente múltiple en As Neves
sudeste asiático
Tailandia y Camboya retomarán el miércoles las conversaciones de paz
Tras Fukushima
Japón reactivará la central nuclear más grande del mundo
guerra en Ucrania
Rusia estira las negociaciones de paz: "Los progresos son lentos"