Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Zapatero conseguidor
O olfacto, ese sentido polo que se perciben os olores, pode incidir para agrandar a amizade entre as persoas. Segundo un estudo elaborado por científicos dun centro de investigación de Israel e recentemente publicado en Science Advances, as persoas co mesmo perfil odorífero teñen máis probabilidades de seren amigas e a súa amizade será máis duradeira. Ao parecer somos quen de avaliar inconscientemente as afinidades do cheiro do noso corpo con outros e desa química pode haber ou non amizade.
Moitos mamíferos ólense e olen aos outros para saber das súas afinidades, para escoller, para darlle ao ulido a importancia que ten. Compartir o mesmo olor é como compartir o mesmo gusto, a mesma comida e a mesma casa. Quen perde o sentido do olfacto, pois, perde unha manchea de habilidades sociais e queda illado e apegado ao cheiro rancio do xamón mal curado, que non se vai.
O desenvolvemento e a interacción das ciencias axudan e complementan aos avances sociais. Agora, grazas a este estudo dos cheiros, a socioloxía abrirá novos camiños, guiados polo olfacto, para estudar o comportamento humano e frear o deterioro social. Dicía moi ben un paisano de Placeres (Pontevedra), “Hai que procurar remedio, xa que aquí ninguén ole igual e todo ole mal”.
Se os corpos deses dous olen igual, as probabilidades de que sexan amigos son cientificamente elevadas. E quen pode ter a mesma química que eles? Esa química que se capta, que a veces parece que se agarra e se pesa, fará que o olfacto deixe de ser o menos valorado dos cinco sentidos, como pasa con outras especies, para as que é ferramenta imprescindible nas relacións entre iguais, para detectar a amigos e inimigos, para que as nais localicen ás súas crías, para seguir o camiño e fuxir do perigo.
O olor do corpo é unha fonte de información, un compendio de datos capaces de “predicir aspectos da calidade da interacción social, como gustar, a comprensión mutua, a sensación de que hai química e a vontade de facerse amigos”. Aí mesmo, no olor do seu corpo, amigo lector, está escrita unha páxina longa do seu futuro, das alegrías e das tristezas, que tamén teñen o seu propio cheiro.
Galicia cheira a flor de toxo, cheira a mar e a rosas, a cereixas maroubiñas e a nós, tal como nós ulimos, pero á Tía Manuela, coa sensibilidade olfactiva que ten, di que o seu corpo ole a ti.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Zapatero conseguidor
Evelio Traba
TENSAR EL ARCO
La impensable ventaja de vivir en el interior
Jenaro Castro
OBITUARIO
La lucidez de la concordia
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Bastos de tirón
Lo último