Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Cando o viño se vendía a granel e se despachaba en cuncas de porcelana branca, a unidade de medida era a chiquita que viña sendo una fracción indeterminada do cuartillo. O sistema métrico internacional tardaría en entrar no mundo do viño, e aínda hoxe perviven as olas e moios con litros e hectolitros.
José González, o Pepucho, reinventou o negocio paterno pasando de comercializar os xamóns en pezas a vendelo en lonchas, tan finas que mesmo parecían cortadas con raio láser, e tan exquisitas que pronto, o Mesón do Xamón do Carballiño, converteuse nun referente deste suculento manxar. Cambiou a xerra de porcelana pola botella e a cunca polo vaso acristalado que permitía tamén gozar coa vista da transparencia, limpidez e brillantez dos brancos do Ribeiro.
O seu oficio de hostaleiro quedaría en mans da familia que se encargarían de manter o listón ben alto no negocio
Coa valentía emprendedora que o caracterizou, deu outro paso arriscado, pero decidido: poñer a dispor da clientela, un “Branco Especial” que vendía exactamente polo triplo do prezo do branco “corrente”. Quen vai pagar a chiquita a prezo de tres, nunha vila que bebía cantidades navegables de Ribeiro, preguntabamos inxenuos os que andabamos de bares, sen pensar por un momento do éxito comercial que pronto acadou, e que lle permitiría lanzarse a elaborar o seu propio viño. Nos anos oitenta compra a antiga Casa Grande de Lalón en Gomariz (Leiro) construída no ano 1204, e que foi propiedade do convento de Allariz, onde inicia un arduo e custoso proceso de reestruturación, incorporando as castes que lle permitiran seguir a elaborar ese “Branco Especial”: treixadura, albariño, torrontés e loureira. O seu oficio de hostaleiro quedaría en mans da familia que se encargarían de manter o listón ben alto no negocio, mentres o Pepucho acabaría dedicándose case en exclusiva á viña e a adega con verdadeira paixón.
O seguinte paso era etiquetar os seus viños: O “Viño do Pepucho” pasou a denominarse “Pazo Lalón” e a converterse na marca de referencia familiar, introducíndose en mercados esixentes e acadando varios premios en distintos certames, catalogado en 2020 como o Mellor Branco de Galicia. Hoxe continúa a saga familiar con outras extraordinarias elaboracións como o exquisito “Eduardo Bravo”.
A Asociación Álvaro das Casas ben de concederlle os Premios Bacelos de Prata a Adega Pazo Lalón, xunto coa prestixiosa marca de iogures Kalekoi de Rodeiro. En ambos casos, por facer o etiquetado e dispoñer da páxina web en galego. Por que ademais de ter un bo produto, a etiqueta indica que tanto dentro como fora do envase hai país. Cuestión de autoestima. Desde a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (Irgade), os nosos parabéns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella entrevista a Jaime Noguerol, periodista adelantado de aquel tiempo
Julián Pardinas Sanz
España, mucho más que una selección de fútbol
Lo último
FÚTBOL SALA
El Ontime, de vuelta en cancha
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565