Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
¡Buone visioni!
Septiembre dice, o debut cinematográfico da actriz francesa de orixe grega Ariane Labed, chega ás salas de cine de España despois de estrearse na sección Un Certain Regard de Cannes e pasar pola Seminci de Valladolid.
O filme podería formar parte daquel grupo de películas sobre relacións familiares tóxicas dirixidas por cineastas gregos como Giorgos Lanthimos, Athina Rachel Tsnagari ou Alexandros Avranas. Tamén a nivel visual, a súa proposta cinematográfica móvese nas mesmas coordinadas de Canino (200), Alps (2011), Attenberg (2010) ou Miss Violence (2013), filmes, a maioría deles, ademais protagonizados por Labed. Todas son películas que nos presentan un mundo estrañamente verosímil. Relatan unha distopia da alma a través dunhas regras propias e uns códigos de interpretacións singulares.
Septiembre dice cóntanos a vida de dúas irmás inseparables, September (Mia Tharia) e July (Pascale Kann) que teñen un vínculo ao límite da relación tóxica. September é desconfiada e agresiva mentres que July resulta ser más aberta e curiosa pero padece unha dependencia enfermiza coa súa irmá. Esta dinámica xera preocupación na súa nai solteira, Sheela (Rakhee Thakrar), que se atopa na dificultade de enfrontarse as crecentes tensións familiares. Cando se mudan á costa de Irlanda, o espertar sexual dunha delas xerará aínda máis conflito dentro da familia...
Desafortunadamente, no desenlace, o intento da directora de darnos explicacións sobre os acontecementos acaba rompendo a maxia
A directora móvese entre os referentes gregos citados anteriormente ademais ten moi presente o cine de Stanley Kubrick ou a narrativa de terror gótico de Shirley Clarke, e constrúe un filme que, nos primeiros tres cuartos, resulta envolto nunha atmosfera perturbadora. As protagonistas son uns personaxes femininos bastante pouco convencionais e cautivadores. O retrato da familia disfuncional, pechada, que funciona ao marxe da sociedade, é bastante ben logrado. Ao igual a descrición que nos ofrece da adolescencia, do ‘coming-of-age’, resulta ser atípico e depurado de tópicos – a escena das dúas irmás dobrando con versos de animais os participantes do Gran Hermano é para enmarcar. Labed describe o lado máis escuro da dependencia emocional e da manipulación entre os mozos pero canto máis o conto faise simbólico, surrealista e misterioso mellor funciona o filme.
Desafortunadamente, no desenlace, o intento da directora de darnos explicacións sobre os acontecementos acaba rompendo a maxia. O misterio desvanece de forma abrupta. O cambio de rexistro de guión converte a película nun relato torpe, grotesco, incluso cómico. Así que finalmente Septiembre dice podería considerarse unha película irregular. Funciona ben dentro duns códigos non convencionais – aínda que non propiamente orixinais. Pero cando Labed aventúrase nun territorio que non lle pertence, converte o filme nun claro exemplo de OCNI (obxecto cinematográfico non identificado).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último