Juan José Feijóo
Las epístolas socialistas
DENDE SEIXO-ALBO
Non sei se o fan para dar a nota e así saír nos medios, ou se o fan seguindo o mandato dos seus xefes políticos. O certo é que as intervencións desta xente chama e moito a atención. Non argumentan, non falan con normalidade. Pola contra, berran e xesticulan facendo que, coa súa pregunta, a institución se alporice e os da súa bancada, como se fosen zombis, aplaudan e peten nos escanos para quentar máis o panorama. Vamos, todo un circo que desvirtúa a institución na que debera reinar a palabra argumentada e serena e mantela fóra do berro e do chalaneo circense.
Xa non hai parlamentarios brillantes de oratoria fluída, xente que dicía con educación e moita elegancia cousas serias sen empregar o berro chocalleiro destes representantes actuais que falan igual que se estiveran nunha taberna onde reina o discurso esaxerando que sementa tensión social. Ben sei que, ás veces, hai máis educación nalgunhas tabernas que nesa institución pública que son o Senado ou o Congreso. Por desgracia xa non está o sr. Roca nin Rubalcaba e outros para falar sen estridencias, sen berros e propoñer cousas serias. Tampouco está o sr. Esteban e outros que critican ó Goberno e reclaman cousas, pero tamén fan aportacións sensatas que axudan a construír unha sociedade mellor.
Estamos no tempo dun novo parlamentarismo onde os xestos valen máis cas palabras; nun lugar onde non hai propostas nin se discute sosegadamente cal é a mellor opción para a xente e o país. As imaxes que reflicten os medios do que alí acontece, ás veces meten medo. Hai deputados e deputadas que soamente con verlle o xesto da súa faciana xa nos meten susto no corpo. Caras cheas de odio, preguntas e xestos que arrepían. Iso é o que temos hoxe nalgúns parlamentos onde están os que nos teñen que representar.
Corren tempos onde o desexo de estar e aparecer nos medios prima por riba da cordura e da educación
Hai uns días, nesta provincia sen mar, neste Ourense onde todo esta por chegar, que fomos noticia a nivel de estado por unha dobre causa. A deputada do espray e o da voda de Gomesende. Mirade por onde unha poboación perdida nesta provincia comezou a ser coñecida e ubicada no mapa: Gomesende. Dúas cuestións: un enlace de comenencia din uns, e outros falan dun espectáculo impresentabel. Pois o da voda tirándose pratos uns ós outros deu moito xogo na prensa. E polo outro, a vehemente señora Vázquez foi noticia por levar o bote defensivo e ensinalo no Congreso para facerlle unha pregunta ó sr. Marlasca. Logo, de chamarlle a atención a presidenta, dixo que estaba baleiro cando non era verdade. Sendo un chisco sensatos puido facer a mesma pregunta sen berrar e sen levar un trebello e exhibilo.
Mais corren tempos onde o desexo de estar e aparecer nos medios prima por riba da cordura e da educación. A banalización da política é un feito evidente. Deputados e deputadas que levan máis de vinte anos no Congreso e que votaron contra todos os avances sociais, como é o caso desta señora, e que agora queren aparecer como xente seria para logo andar a predicar polas cadeas de televisión que lle son afíns é o que hoxe temos, é o que hoxe vende. Si, votou contra a suba das pensións e a mellora do soldo base, e ademais nada ten que presentar, pois nada salientabel fixo a prol desta provincia durante tantos mandatos, e agora aparece nos medios do Estado dando a nota e facéndose a raíña do exabrupto e do esperpento.
Pena me dá que Ourense sexa noticia por estas cuestións que avergoñan a milleiros de cidadáns. Vivimos no tempo do insulto, da comedia bufa. E esa maneira de facer na política estase estendendo a todos os niveis da vida cotián. A esta cidade non lle chega co que acontece nos plenos do Concello, senon que ten que aparecer unha señora berrando nunha institución pública e tamén o asunto da voda máis esperpéntica que poderíamos maxinar.
Eu, a esta xente que fala con tanta vehemencia e que respira odio na mirada, a esas persoas recomendaríalles que tomaran algo para calmarse e para que vexan que a sociedade quere vivir en paz sen escoitar tantas barbaridades e ver tanto teatro bufo que non aporta nada positivo e nos leva ó enfrontamento social.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Juan José Feijóo
Las epístolas socialistas
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Odio no ollar e no falar
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Sementar, primeiro
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El Trump español
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 30 de septiembre
EDUCACIÓN Y EMPLEO
El 17% de los jóvenes de 18 a 24 años son ninis en España
CRISIS DE VIVIENDA
La acampada de Sol enfrenta a Almeida con la Delegación del Gobierno
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
Trump rechaza planes para relajar las sanciones a Irán