Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Odio no ollar e no falar
TÍA MANUELA
Estaban todos apañando patacas, alí onde moitas veces o fixeron, na Cortiña, naquela terra de sementeira, ao pé da casa, mesmo detrás da figueira e da maceira, na que se agocha e dorme unha galiña branca que abandonou o galiñeiro. Foi unha tarde de lembranzas, de recordos e patacas que saían da terra con máis brío que a auga da fonte medio seca, como nunca se vira. A auga desaparecida como os anacos de patacas sementadas, escondidas na terra da Cortiña, con moito esplendor na rama, pero ocultas nas entrañas da leira, agardando seren aireadas.
O maxín de toda aquela xente, toda con pregarias para que non chovera, era como un retrovisor para ver outros tempos, para rescatar a memoria e ver as vivencias de anos pasados. Uns contaban moitas, outros dicían que eran poucas e, a máis sensata de todas as participantes naquela recolleita, aseveraba que eran dabondo, moitas para recoller e, aínda sendo pequenas, suficientes para comer.
Recordaban tantas cousa aqueles apañadores e apañadoras de patacas, como se detrás desas lembranzas houbera un mundo enteiro
Nun instante de respiro, como se o mundo se parara, aparece coas mans lavadas a persoa encargada de facer a cea, de cocer as patacas, e, pola cabeza de cada un dos presentes, pasou rastreando o poema de Pablo Neruda, que fala da “papa”, como materia doce, améndoa da terra: “(...)/Universal delicia, no esperabas mi canto,/ porque eres sorda y ciega y enterrada./ Apenas si hablas en el infierno del aceite/ o cantas en las freiduras de los puertos,/ cerca de las guitarras, silenciosa, harina de la noche subterránea,/ tesoro interminable de los pueblos. (...)”
Un tesouro para apartar á xente humilde da fame, como dicía Juan Martínez Villergas, “(...)/ Furioso, lánzome a elas,/ frías, asadas, con arroz, quentes;/ xa guisadas, xa en pisto,/ pero en tortilla, ai Cristo!,/ fanme de gusto tatexar os dentes./ (...)”.
Recordaban tantas cousa aqueles apañadores e apañadoras de patacas, como se detrás desas lembranzas houbera un mundo enteiro. E habíao. Existía un ou varios mundos concatenados polo mango da sacha, unidos á terra, ás cereixas, ás patacas, ás verzas, ás castañas e aos nabos da terra, que deben sementarse mesmo ao recoller as patacas, antes de marchar con elas para o soto e antes de beber a cervexa da robra. Como recorda a Tía Manuela, e os lectores deste xornal saben, “para recoller, primeiro hai que sementar”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Odio no ollar e no falar
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Sementar, primeiro
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El Trump español
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Un esperpento
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 30 de septiembre
EDUCACIÓN Y EMPLEO
El 17% de los jóvenes de 18 a 24 años son ninis en España
CRISIS DE VIVIENDA
La acampada de Sol enfrenta a Almeida con la Delegación del Gobierno
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
Trump rechaza planes para relajar las sanciones a Irán