A “odisea” de Nolan

¡BUONE VISIONI!

Publicado: 07 ago 2026 - 03:40
Christopher Nolan mientras realiza una indicación a Matt Damon
Christopher Nolan mientras realiza una indicación a Matt Damon

Ulises tardou 10 años loitando na guerra de Troia e outros 10 pelexando contra ventos e mareas antes de regresar a Ítaca. Nolan demorou algúns máis para chegar a realizar a súa “Odisea”, un proxecto co que soñaba desde a adolescencia. “La odisea” é unha película ambiciosa, a máis cara de toda a filmografía do cineasta. Nolan conseguiu rodala enteiramente en IMAX e 70mm. Un filme longo 17 kilómetros e que pesa 260 quilos, aínda que non hai ningún cine de España que a proxecte no seu formato orixinal.

A “Odisea” de Homero, escrita hai máis de 3.000 anos, é un dos pilares da narrativa occidental. Christopher Nolan, ademais de quedar capturado polo obra desde mozo, deuse conta que levaba anos contando esta historia en todas as súas películas. O regreso ao fogar é un dos elementos fundamentais de “Interstellar” (2014) ou “Origen” (2010) pero tamén está presente en “Dunkerque” (2017), “Tenet” (2020) ou na triloxía de Batman. A súa forma de contar non lineal tamén ven directamente da “Odisea”, que ten unha estrutura narrativa extraordinariamente moderna, con flashbacks e historias narradas paralelamente.

Quizais a “Odisea” sexa a obra máis sincera do cineasta, ademais de ser a máis ambiciosa. É un filme que leva á contemporaneidade as reflexións filosóficas de Homero con algunhas variacións propias dos nosos tempos. Penélope ten máis protagonismo. Así como Telémaco, o fillo de Ulises, deixa de ser un personaxe secundario. Pero a gran novidade desta revisión do texto homérico está no sentido da guerra que, na “Odisea” de Nolan, convértese no pecado orixinal de Ulises. A viaxe non se configura só como unha volta accidentada á casa, mais ben é a evidencia dos danos psicolóxicos causados polo horror do conflito. O cabalo de Troia pode considerarse a “arma de destrución masiva’’ da época. Como a bomba atómica en “Oppenheimer” (2023), el cabalo de Troia é unha invención extraordinaria do enxeño humano. Ambas foron utilizadas con astucia para acabar cunha longa guerra, pero deixaron unha vitoria moralmente ambigua. En ambos casos, as consecuencias acabaron perseguindo aos seus creadores. No caso da “Odisea”, Ulises parece incapaz de escapar das consecuencias dos seus propios actos. A guerra é unha ferida aberta que non deixa volver á normalidade ao protagonista.

Hai momentos icónicos, imaxes dunha beleza poderosa neste filme. Podemos citar moitos. Ademais do relato sobre a conquista de Troia, moi logradas son as escenas fantásticas, sobrenaturais e que Nolan converte nunha forma máis física que noutras adaptacións da “Odisea”. Moi conseguida é a representación do xigante Polifemo, un ser terrorífico e infantil, entre o cíclope de Odilon Redon e o Saturno de Goya. Tamén son moi evocadoras a escenas no que o cineasta relata o descenso ao Hades ou nos describe o canto das Sirenas.

As acusación de non respectar con fidelidade o texto orixinal que protagonizaron nestas semanas os reel de instagram ou varios comentarios de expertos, entre outros, son o debate estéril que tamén pertence ao noso tempo.

Cristopher Nolan fixo propia a épica do “Odisea” así como fixeron en pasado para o cine o director de cinema Mario Camerino con “Ulysses” (1954), os irmáns Coen con “O Brother!” (2000), Umberto Pasolini con “The Return” (2004), Godard con “El desprecio” (1963) ou Konchalovsky coa miniserie para a televisión “The Odyssey” (1997) así como todos os que utilizaron a estrutura da ‘‘viaxe do héroe’ ’ para os seus guións. Os clásicos existen para ser traducidos e reelaborados, para ser reinterpretados e redeseñados. Están alí para dialogar con nós en épocas diferentes, a través de formas e sensibilidade desemellantes, porque son atemporais.

Sería como acusar de traizón aos cineastas xa citados ou, no ámbito literario a Joyce por ter escrito o “Ulysses” o Margaret Atwood por publicar “Penélope y las doce criadas”.

A “Odisea” segue sendo unha obra viva despois de máis de 3.000 anos. Cambian os rostros, cambia o enfoque, pero as vixencias seguen sendo as mesmas. Alí está a súa forza. Cada época tivo a súa “Odisea”, e nos xa temos a nosa.

Contenido patrocinado

stats