Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Eliot Ness contra el cibercrimen en Ourense
Ao ver os ollos de Noelia na súa derradeira entrevista penso nas súa dores acumuladas. Penso nos mozos que a violaron e como aquelo que para eles foi unha esmorga, unha brincadeira, que “non era para tanto”, foi para ela un chanzo decisivo do camiño ao final.
Sen dúbida, cadaquén é dono das súas decisións, pero non podemos pechar os ollos á nosa responsabilidade colectiva en dramas como o de Noelia. Que valores estamos asentando, que trivializan entre os nosos mozos o asalto sexual? Os ollos de Noelia falan de soedade, de desintegración do derradeiro recuncho de protección, o da familia, de desesperanza, de escepticismo cara ao mundo. Que familias e que valores estamos a construír, que deixan indefensos a mozos como ela? Noelia tivo un percorrido vital no que cadaquén puxo feridas ou apertas, pero o resultado final é tamén o noso fracaso colectivo.
Algúns din que a razón principal para ela quereren morrer foron as súas dores físicas, pero calisquera que a escoite entenderá ben clariño que foron as súas dores da alma
Penso nos pais de Noelia. Hai que ter o corazón como un croio para non sentir a súa dor até os miolos e non comprender o berro desesperado do pai pedindo até as derradeiras instancias vida para a súa filla. Pero non hai problema; resolvémolo cos tics ideolóxicos que sentencian que o pai é un intolerante apoiado por unha organización ultracatólica que se opón ao progreso, un progreso que nos leva a ter cada vez máis violacións en manada, máis suicidios nos nosos mozos e un futuro para eles tan hedonista como baldeiro.
Algúns din que a razón principal para ela quereren morrer foron as súas dores físicas, pero calisquera que a escoite entenderá ben clariño que foron as súas dores da alma, da soedade, da liquidación de metas. Os ollos de Noelia, os seus ollos grandes i escuros, falan do noso fracaso colectivo para protexela da insensibilidade, do egocentrismo e das agresións. Fracasamos ao non poñer luz nos seus ollos, acougo no noso colo e metas no seu camiño. Pero nesta sociedade avanzada está prohibido falar de culpa e tapamos a vida de Noelia cunha inxección letal con anestésicos. E a nosa anestesiada conciencia tranquilizámola ca irresponsable e feliz convicción de que todo está ben, que somos tan progresistas que respectamos escrupulosamente a liberdade de Noelia concedéndolle o exercicio da autodeterminación para irse e desaparecer. Bravo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Eliot Ness contra el cibercrimen en Ourense
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
El autoengaño
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
La única salida para superar esta vergüenza
Francisco Muro de Iscar
Toda la culpa siempre es de la derecha
Lo último
INCAUTACIÓN DE LA UDEF
Hallan joyas y relojes en una caja fuerte del despacho de Zapatero en el caso Plus Ultra