Olvido, perdón, historia e histeria

Publicado: 01 nov 2025 - 02:10

Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

O ser humano é o único animal sobre a Terra que pode influír sobre o seu propio destino. Como único ser racional pode tomar decisións sopesando as cousas e non só por puro instinto. De aí que sexamos os únicos seres que poidamos traballar activamente pola nosa felicidade. E uns arrepóñense cando as cousas lle veñen mal dadas e supéranas e outros tenden a afundirse. E por esa liberdade racional que nos pode levar a un sitio ou a outro, hai que valorar ben, na cotidianidade e nas encrucilladas da vida, as mellores actitudes e comportamentos. E todos sabemos que unha boa parte da felicidade baséase en non obsesionarse coas cousas malas que aconteceron, por iso, os psicólogos falan de superar o pasado, para que a súa carga non nos esmague; pois o mundo sobre o que podemos gobernar a nosa vida é o presente e, algo, o futuro. Debemos, si, aprender a superar e esquecer. E non lles conto xa do uso e abuso das memorias prestadas, oídas, lidas ou soñadas. O pasado debe ser como un tesouro gardado, ben gardado, que nos acompañe, pero só iso. Porque andar sempre a lembrar o malo é clave para a depresión e o afundimento. Hai anos, unha persoa, ao volver de Venecia, o único que me comentou foi que cheiraban mal os canais. “Viaxe perdida” pensei. Porque se escollemos andar sempre remoedo en lembranzas negativas, acabamos insomnes e intoxicados no fondo do pozo. Pero como a maioría das cousas, tamén a actitude ante a vida se pode educar e aprender. Moi importante é a educación. Desterrado o odio. Vémolo na superación de guerras apocalípticas como a II Mundial. Ver á nova presidente de Xapón Sanae Takaichi sorrindo con Trump, fala de cousas educativas ben feitas despois da derrota de Xapón e das bombas atómicas de USA, hai 80 anos.

Hai días lin un texto moi fermoso, dun pai, o de Maya, unha das dúas persoas con pasaporte español asasinadas por Hamás nos ataques do 7 de outubro, que, dicía “El odio es un sentimiento intestino que revuelve el alma, magnético en cuanto que atrapa rapidamente, pegajoso porque lo impregna todo, y ácido ya que consume al que lo padece” e dicía ter renunciado a el.

Porque a proxección de sentimentos negativos, sobre todo o rancor e odio, afoga e prexudica gravemente ao que os sente, pero non afecta nada ao outro, ao odiado. E non lles conto se morreu. Hai días lin un texto moi fermoso, dun pai, o de Maya, unha das dúas persoas con pasaporte español asasinadas por Hamás nos ataques do 7 de outubro, que, dicía “El odio es un sentimiento intestino que revuelve el alma, magnético en cuanto que atrapa rapidamente, pegajoso porque lo impregna todo, y ácido ya que consume al que lo padece” e dicía ter renunciado a el. Non era posible encher o oco deixado pola morte da filla con ese odio inútil e corrosivo, e buscaba outras vías. Que teña sorte.

E comentáballes o outro día, tamén, da importancia do perdón. A cultura do perdón libera ao individuo que o exerce da carga da ofensa sufrida como do rancor padecido e pono no camiño da sanación. Se cadra é unha das mellores achegas do cristianismo á construción da sociedade occidental, pois a edificación de occidente actual está feita, tamén, con trabes de olvido e perdón. A historia de Alemaña, da II Guerra Mundial é clave. Millóns de mortes por ambas partes, cambios de mapa, accións inxustificables de todos... Pero é todo xa historia. Dura. Superada e non remoída. Custodiada nos libros. Como as da recentes Guerra dos Balcáns ou de Ruanda. Hoxe Croacia, Eslovenia, Bosnia, Serbia, Montenegro mesmo Albania, están enfrascadas no seu desenvolvemento turístico. Ruanda, grazas ao perdón, cunha importancia grandísima da Igrexa na súa promoción, en normalización progresiva. Alí, recuperaron un vello dito local, “kubaho ni ukubana” que significa “vivir é vivir con”.

En fin, a historia é a ciencia que estuda os feitos ocorridos no pasado e a histeria un estado de excitación esaxerada e incontrolada. E non se deben mesturar. Traer ao presente por intereses políticos estreitos o máis feo do noso pasado, é tóxico e un insulto aos que a través da combinación de reparación, homenaxe, olvido e perdón, no xeneroso pacto da transición, fixeron posible unha nova actitude ante a historia dunha España centrada no seu futuro.

Contenido patrocinado

stats