Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Hai horas compareceu no Parlamento de Galicia, a petición propia, o Presidente Rueda para dar conta da xestión da administración autonómica en relación á vaga de incendios forestais rexistrada este verán: medidas de prevención, dispositivo de extinción e liña de axudas ás persoas, empresas e entidades afectadas. Compareceu na asemblea lexislativa da nosa nacionalidade histórica pero o Presidente compareceu dende o minuto un da traxedia ante e entre os galegos. Dirixindo e coordinando o dispositivo mellor valorado de España ante unha catástrofe extraordinaria respostando con idéntico carácter e compromiso. En primeira liña do lume estivo, visitando e consolando aos afectados e, sobre todo, compareceu no Diario Oficial de Galicia onde as axudas correspondentes xa están a disposición dos solicitantes.
O Presidente deu unha lección de liderado dende a humildade, o traballo e a comprensión. Sendo esixente co Goberno central que chegou tarde, mal e nunca. Vendo, como vimos todos, a catadura moral daqueles e daquelas que ven nos lumes unha oportunidade para facer a pior política, un exercicio de cinismo ao alcance sólo dos primeiros espadas da demagoxia. Rueda tivo tamén a oportunidade de lanzar propostas que perfeccionarán o noso sistema de prevención e extinción de incendios como que a Xunta asuma a limpeza de franxas secundarias en concellos de menos de dez mil habitantes, cambios normativos para que as administracións poidan entrar directamente a limpar fincas en lugares sensibles ao lume, que as comunidades de montes invirtan máis en prevención, que a UME (Unidade Militar de Emerxencias) conte cunha base permanente en Toén…Unha intervención á altura da confianza que galegas e galegos depositaron nel con esa maioría absoluta que mereceu nas urnas.
Na súa comparecencia, Alfonso Rueda deu máis razóns para seguir apoiando a quen goberna frente aos que critican dende o sofá e a tumbona
Na esquerda do hemiciclo (ahí se sentan vistos dende a Presidencia da Cámara e velaí o apelativo dende o 28 de agosto de 1789, na Asemblea Constituínte de Francia) ficaron retratados o líder socialista e a lideresa nacionalista. As primeiras figuras dos partidos que “perpetraron” o bipartito que mandou-pero non gobernou- Galicia de 2005 a 2009. E vendo o debate advertimos que estamos ante unha oposición realmente queimada. Dende 2009 Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda derrotaron a tódolos candidatos á presidencia da Xunta socialistas e nacionalistas. O próximo Presidente de España tivo catro sparrings socialistas en cadansúa elección: Pérez Touriño (2009), Pachi Vázquez(2012), Fernández Leiceaga (2016) e Gonzalo Caballero (2020)…un carrusel de cambios que define a estabilidade do proxecto do puño e da rosa en Galicia. Alfonso Rueda derrotou tamén a outro novo candidato socialista –Gómez Besteiro- que todo apunta será tamén candidato cando o Presidente da Xunta decida convocar os vindeiros comicios…repetirán agora porque non hai outro? O pior momento do PSG-PSOE, seguro que por méritos propios. E neste agosto infernal regalando algunha patética foto visitando en traxe terrenos arrasados.
O nacionalismo tamén cambiou neste tempo a súa proposta para presidir a Xunta. Feijóo derrotou a Anxo Quintana (2009), Francisco Jorquera (2012) e Ana Pontón (2016 e reincidente en 2020). Alfonso Rueda gañou as eleccións de 2024 de novo a Ana Pontón, que se presentaba por terceira vez consecutiva (dín que “non hai dous sen tres”). Tres oportunidades tivo quen leva sentada no Parlamento Galego vinteún anos..se repite en 2028 levará a metade da súa vida vendo en primeira liña cómo o PP de Galicia é a forza maioritaria da nosa Cámara, mesmo no tempo que a súa forza política tiña como líder a quen non gañou a pesar de apelidarse Vence.
Este é o panorama político en Galicia onde a oposición está realmente queimada. Que repita o socialista e “tripita” a nacionalista é síntoma do solar que debuxan estas formacións orfas de liderado onde non se deixan medrar nin aparecer outras alternativas. Nada que ver co PP de Galicia onde ao liderado de Feijóo sucedeu o de Rueda nunha sucesión modélica tanto no partido como no goberno. Asistir á comparecencia de Rueda deu máis razóns para seguir apoiando a quen goberna frente aos que critican dende o sofá e a tumbona mentras loitan entre eles por ver quén agarra mellor o megáfono ou debuxa na pancarta o lema máis ocurrente. E a confianza gáñase entre a xente, xestionando e con plans de futuro. Qué poderosa realidade a mítica frase de Giulio Andreotti, presidente do Consello de Ministros de Italia: “No desgasta el poder; lo que desgasta es no tenerlo”!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor