Fermín Bocos
El vídeo del rey emérito
Acaba de irse Florencio de Arboiro, un dos referentes da cultura ourensá, traballador incansable ao servizo do seu talento co que alumeou unha fecunda obra artística e desenvolveu un importante labor en favor das tradicións e os costumes da terra que tanto amaba. Por elo, diremos que morreu Florencio Martínez Vázquez, en cambio o Florencio de Arboiro que coñecimos e admiramos permanecerá como parte indisociable do acervo artístico e social ourensán para o resto dos tempos -agardemos-. Para elo será preciso que se lle conceda á sua obra a cuota de xenerosidade que lle faltou.
(Parece que un sino maldito envolve históricamente ás autoridades deixándoas amnésicas para o recoñecemento de persoas distinguidas polas aportacións ó común en calquera faceta. Nin de vivos nin de mortos, agás escasas excepcións, que nalgúns casos aínda contribúen a facer máis visible a inxustiza. Os irmáns Quesada -máis alá de Xaime-. Amadeo Varela, Gerardo Salgado Valdés, Segundo Alvarado, Olga Gallego ou o seu irmán Luis, e outros moitos que non caben eiquí, son dignísimos representantes da extensa nómina de ourensáns destacados que no máis alá siguen orfos de calquera recoñecemento público).
Non puido ver unha cousa nin a outra, aínda que da primeira cheou a anunciarse a sua inauguración, prevista para 2020, sin que máis se soubera do asunto.
Florencio soñou cun museo da roda de afiar que ennoblecera a colección única que foi argallando ó longo da vida como referente de identidade popular dun tempo, como soñou cun documental sobre o psiquiátrico de Toén que se elevase sobre as ruinas que devoraban o recinto hai máis dunha década, cando a maleza convivía con documentación médica e historiales clínicos ciscados polas instalacións. Non puido ver unha cousa nin a outra, aínda que da primeira cheou a anunciarse a sua inauguración, prevista para 2020, sin que máis se soubera do asunto.
Do fenecido hospital, no que traballou moitos anos, aspiraba que se recollera parte da morea de pequenas historias -el viviu infinidade delas en primeira persoa- rexistradas no seu interior, que conformaban un mundo descoñecido fóra das suas paredes. Lembraba iniciativas semellantes sobre outros ámbitos ou ramos, pensando que podería dispor de material de gran interés que o situaría en pe de igualdade con eses que xa existían.
O pasado non ten apaño, pero estamos a tempo de reparar o inxusto esquecemento de quenes fixeron merecementos sobrados para que sexan recuperada esa parte da historia de Ourense
O pasado non ten apaño, pero estamos a tempo de reparar o inxusto esquecemento de quenes fixeron merecementos sobrados para que sexan recuperada esa parte da historia de Ourense forxada por xente como o propio Arboiro, para coñecemento das futuras xeracións e de quenes hoxe lles resulta allea de xeito involuntario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fermín Bocos
El vídeo del rey emérito
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Salud y buenos vecinos
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
Igrexa da Purísima Concepción en Vilar de Astrés
David Alvarado
A democracia (tamén local) como reflexo do que somos
Lo último
PROTOCOLOS SANITARIOS
Veterinarios y comerciantes de Ourense son optimistas con la peste porcina
DIVISIÓN ENTRE LOS COLEGIADOS
Seísmo en la abogacía ourensana
MALOS TRATOS A SU EXPAREJA
Un acusado de pegar a su ex dice que es víctima del “patrón del despecho” en Ourense