José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Leo no catálogo da prestixiosa casa Ansorena de Madrid que o próximo martes, 14 de maio, saen á subhasta pública dous torques de ouro da época castrexa, de entre os séculos VI e I a.C., e un brazalete, tamén de ouro, se cadra algo anterior, procedentes dunha colección particular galega e polo que solicitan 195.000 euros. Non se sinala procedencia pero parece ser que son de Ourense. E creo que case se podería apostar a que son restos dun tesouro aparecido no Castro de Beade en 1940, e que saíu da escura terra e entrou en terra escura por décadas. Eran tempos difíciles e avoltos. No Museo Arqueolóxico de Ourense existen dúas espirais para recoller o cabelo tamén de ouro e tamén desa cultura, seica de Regodeigón, alí preto, e que non é imposible fosen do mesmo xacemento.
Pero imos co que non hai dúbidas. Ourense é terra de ouro. Seica fomos no Imperio Romano o seu “far west” da febre do ouro. Viñan furar montes ou batear nos ríos. Din os especialistas que da Gallaecia saíu o 7% do ouro do Imperio Romano, unhas 190 toneladas. De Oira a Barbantes; dos Milagros a Monte Furado; das Médulas ás Borreas en Viana; dos Biocos en Ribas de Sil ao Puzo do Lago en Maside. E de aquí, da provincial de Ourense, temos noticia de bastantes xoias de época castrexa. Unha lúnula de Allariz da que Barros Sibelo di en 1875, logo da súa descrición: “Fue adquirida por nuestro malogrado amigo D. Vicente Beloso, licenciado en Farmacia y vecino de dicha villa, y que conserva como recuerdo su dignísima esposa”. Ademais, un par de torques que están no Museo Británico, comprados en 1960 nunha subhasta en Sothebys, en Londres -por certo, irmáns case exactos destes de Ansorena, todos catro da chamada “escola flaviense”: varilla de sección cadrada ou romboidal, con remates en dobre escocia-; outro par de torques da colección de Sánchez-Arteaga, que sinala Cuevillas nos seus vellos estudos dos Arquivos do Seminario, un deles no Museo de Pontevedra e outro non se sabe. Inda máis, se cadra hai outro ourensán no Ashmolean Museum de Oxford, pero vai ti ver. Tamén apareceron dúas arracadas -ou pendentes- que figuran nos escudos de cadanseu concello: a do Irixo -no Museo de Pontevedra- e a de Vilar de Santos -no Museo Arqueolóxico de Ourense-.
Non teño dúbida de que a chegada a Ourense dese conxunto sería un acontecemento catalizador do interese na inauguración do Museo Arqueolóxico na Praza Maior
E si. No Museo Arqueolóxico de Ourense non hai ningún torques, a pesar de ser esta terra aurífera e prolífica en minaría e ourivaría. Terra, tamén, dos máximos especialistas no estudo da materia como Florentino Cuevillas e Bieito Pérez Outeiriño. Non teño dúbida de que a chegada a Ourense dese conxunto sería un acontecemento catalizador do interese na inauguración do Museo Arqueolóxico na Praza Maior -entre finais do 2027 e inicios do 2028, apostaría- e contribuiría a cubrir un oco nas coleccións cunhas pezas espectaculares e especialmente apreciadas pola súa procedencia, pola súa calidade, e pola súa escaseza, entre nós.
O Goberno central e a Xunta, que foron quen de tecer a recuperación do conxunto das seis magnificas moedas da colección de Antonio Oriol que hoxe se poden ver na sala de San Francisco, seguro que son capaces de articular a recuperación destas xoias castrexas para seren pezas claves do novo Museo. Que o director xeral do Patrimonio sexa ourensán de adopción, don Ángel Miramontes, non debería ser mala cousa. Eu non lles sei nada de mecanismos e situación legal, pero sei que habendo vontade e estratexia compartida, e tendo de man o BOE, o DOG e incluso os cartos precisos, malo será que non poidan achar un camiño nestes días que quedan para compensarnos pola dilación dos prazos. Lembremos, no Escorial levou a obra vinte e un anos; no Tal Majal, vinte e dous, e co Museo Arqueolóxico de Ourense levamos xa vinte e catro. Ben nos merecemos que manexen con xeito e rapidez, temón e vela, para traeren a este porto, ao noso vello e anovado Museo Arqueolóxico, este tesouro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Patricia López
BRÚJULA DIGITAL
No falta trabajo, falta quien quiera sostenerlo (en las condiciones de siempre)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O rumor da quietude
Lo último
BAJADA DE LOS CARBURANTES
La desescalada en Oriente Medio abarata el diésel y lo iguala ya a la gasolina en Galicia
VIDA OURENSANA
A adaptación do medio como factor da lonxevidade galega
IMPACTA UN DRON CON UNA MOTOCICLETA
Al menos cinco muertos en nuevos ataques israelíes en el sur del Líbano pese a la tregua