Manuel Orío
RECORTES
Un protocolo común
CASTELLUM HONESTI
Teño dito que, hai uns anos, publiquei un ensaio no que analizaba o pensamento político de Florentino Cuevillas; un mozo dandi, inadaptado e indolente, que vivía á rebours verbo dos usos e costumes sociais dominantes na Auriabella do seu tempo; un rapaz despreocupado polo que acontecía na súa contorna política e social até que, ante as aberracións que o triunfo da revolución bolxevique trouxera canda si na súa gabada Rusia, sobre todo a conculcación dos dereitos e mailas liberdades, deixou de dar voltas arredor de si e parapetouse na súa terra. A partir dese intre, achamos o prototipo de galeguista conservador, católico e tradicionalista. Porén, a diferencia dos seus compañeiros do cenáculo, nomeadamente Risco e Otero Pedrayo, Cuevillas partiu nas súas análises do que esculcaba no día a día de Ourense, do estudo do acontecer na vella Auria, o que lle permitiul tirar conclusións aplicábeis ó resto de Galicia. Por iso o Patriarca das letras galegas dixo que a cidade das Burgas e mailo ourensanismo foran os camiños que conduciran a Florentino cara Galicia e o galeguismo.
Un Ourense que, de seguirmos os estudos de Somoza e Valcárcel, na metade do século XIX conservaba unha estrutura medieval, un modo de vida rural e unha economía de base agraria; sobre este tapiz urbanístico e social superpúxose o modernismo decimonónico con tódalas transformacións infraestruturais, económicas e sociais que intriducíu. Por unha banda, orixinouse un éxodo rural cara á cidade que provocou un crecemento demográfico importante dende os 15.000 habitantes de 1900 até os case 25.000 no 1939; máis tarde, a anexión do concello de Canedo e un novo éxodo acontecido durante o período alcumado como “o desarrollismo franquista” dos anos 60 do século XX, deron no que hoxe é a terceira cidade de Galicia.
A maioría dos burgueses comerciantes eran xentes alleas á terra que viñeron a Galicia a facer fortuna e remataron dominándoo todo. Esta aparición non foi ben vista polos nosos sabios, emparentados cunha fidalguía que, a partir dese intre, verase desprazada do seu liderado social ata que finou vítima dos seus propios vicios e debilidades.
Verbo das transformacións urbanísticas operadas entre 1880 e 1936, foron decisivas na configuración de Ourense tanto a construción da estrada Villacastín – Vigo, hoxe chamada rúa do Progreso, que sería o centro económico e administrativo da cidade, como o levantamento da Ponte Nova, considerada como un dos símbolos do Ourense modernista. En último lugar, a chegada do ferrocarril constituíu o final dun longo proceso de marxinacións de Ourense. No eido social, é o momento da irrupción da burguesía capitalista, fundamentalmente comercial, que dominou o panorama económico, social e incluso político da cidade. A maioría dos burgueses comerciantes eran xentes alleas á terra que viñeron a Galicia a facer fortuna e remataron dominándoo todo. Esta aparición non foi ben vista polos nosos sabios, emparentados cunha fidalguía que, a partir dese intre, verase desprazada do seu liderado social ata que finou vítima dos seus propios vicios e debilidades. Asemade, esta burguesía abandeiraba tódalas mudanzas que supoñían a entrada do modernismo e, polo tanto, a morte da forma de vida tradicional rural dos galegos. Por outra banda, son tempos de inestabilidade social e dun intenso movemento obreiro que remata con grandes conflitos sociais; porén, tamén é o momento da boa sociedade e os cafés, os espectáculos e os faladoiros, nomeadamente a da Comisión Provincial de Monumentos liderada polo catedrático e humanista Marcelo Macías, quen impulsou outras entidades coma o Ateneo. Por tal motivo, Ourense chegou a ser alcumada como a Atenas de Galicia.
Polo tanto, Ourense representou o espello de Galicia para Cuevillas; dende a protesta polo esmorecemento dos tempos pasados ata o vieiro para se encamiñar nas tarefas de reconquista das esencias tradicionais e a redención de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Orío
RECORTES
Un protocolo común
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
Julio de 1936, el fin del Madrid “republicano”
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
La tentación de la causa única
Sara Arias Fraiz
DIARIO LEGAL
¿Supoñen as gafas intelixentes un perigo para a nosa intimidade?
Lo último
12 DE AGOSTO
Infografía | Cuenta atrás para el eclipse en Ourense
Riqueza gastronómica
Oímbra luce su huerta con su exitosa exaltación del pimiento
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Emilio Muñiz, crónicas dende Tetuán
ALERTA MEDIOAMBIENTAL
Preocupación en el Regato dos Muíños por los peces muertos