Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Regularización necesaria
Hai uns días un anuncio, ou sexa publicidade do Concello, dicía que “Ourense mete medo...” referíndose á festa do Halloween. Pretendía animar a vivir esa festa que os ianquis lanzaron e que nós acollemos como meros comparsas con moito ánimo chocalleiro. Mais todos sabemos que no fondo non é nada máis ca troula no día que antano lle chamabamos o de Todos os Santos. Nada teño contra esa festa e menos contra o tradicional San Martiño que debera ser potenciado. Aínda que prefiro que no canto de Halloween se lle chame Samaín modificando algunhas cousas que asemellan a un entroido moi descafeinado.
Onde vivo a Asociación veciñal celebrou o Samaín tendo como obxectivo os rapaces dunha maneira moi creativa e distinta a da troula pola troula. Ben sei que os que hoxe mandan no Concello teñen como obxectivo único divertir a rapazada, os mozos e ós maiores. Hai que entreter á xente pra que non pensen no acontecer, no día a día. Obxectivo: que todo o que fai, mellor o que non fai o goberno desta cidade, pase desapercibido e ninguén reivindique, reclame nin pense en nada máis que andar de festa. Vamos, que todo na vida ten que ser festa rachada. E pra que o asunto tivera máis dimensión, o primeiro que se fixo foi cortar a arteria principal desta urbe e chantar no medio da rúa un escenario para o que decibelio festivo deleitara as masas sedentas de festa con moito estrondo. Polo que o servizo de autobuses urbanos, que anda medio atrapallado, fora por lugares distintos ós habituais, deixando ós cidadáns tirados e case sen previo aviso.
Ocorrencias que xa comezan a ser habituais e que sinalan que, nesta Auria, nada importan os grandes asuntos que esperan parados sen viso de que se afronten a curto prazo. Polo que pouco, ou mellor nada, se sabe de cando se porá a camiñar a Praza de Abastos na que tanto os praceiros como o Concello andan na disputa por non sei por que asuntos, e mentres a Alameda segue pechada para os ourensás. Tampouco se sabe nada de cando a Piscina das Burgas estará chea de auga, mentres os turistas que nos visitan a ven seca, como se fora un xoguete escachado. O mesmo camiño levan as concesións que están en precario cun custe moi importante para o erario público.
E como isto non ten remedio á curto prazo, e semella que vai pra largo, socialicemos facendo o magosto en familia, ou entre veciños.
Mais eso nada importa. Non hai xestión. O importante non importa, agora manda o secundario. Pola contra sabemos de que algún grupo da oposición apoiou unha modificación de creto para que Jácome respire e siga daquela maneira mal gobernando. Moitos ourensáns quixeramos saber a cambio de que os do PSOE lle dan osíxeno a este alcalde? Iso é un segredo ou un agasallo? O certo é que neste Ourense a anormalidade tomou corpo de rutina sen que ninguén diga ren nin tampouco proteste. Que lle imos facer. Non somos capaces de superar o balbordo de barra de bar ou a crítica dentro do autobús. Neses lugares esbardallamos a reo, mais logo despois de desafogar, seguimos aturando aquelo polo que protestamos. Con todo o dito, a día de hoxe, soamente un grupo da oposición mantén a coherencia dentro do Concello e pide contas e explicacións que nunca chegan. Polo que temos un goberno que fai da escuridade o seu método de traballo.
Dixen ó comenzo que Ourense mete medo e direi en que me apoio. Primeiro en que nada do máis importante se afronta nin polo Concello nin pola Xunta que tamén sempre pon banalidades e festas na TVG. E así lle vai de audiencia. Ah, esquecíame: nesta cidade imos ter un canódromo antes de que funcione a Praza de abastos número un. Tamén temos unha estrutura de ferro moi alta tapando unha fermosa fonte. O importante é aparentar poderío. Cuestión que di moito dos dous gobernos e dos deputados populares que temos en Compostela `pois pra esta cidade veñen as migallas e ningunha obra importante. E como isto non ten remedio á curto prazo, e semella que vai pra largo, socialicemos facendo o magosto en familia, ou entre veciños. En Agromadas e na Asociación de Veciños San Breixo así se fai dende hai moitos anos, e por riba das discrepancias e ideoloxías apuntalamos a comunidade e fuximos dos antagonismos que xa abonda co que vemos todos os días na política.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Regularización necesaria
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Confusión y relato
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Sempre respectable
Rosendo Luis Fernández
La provincia de Ourense en Fitur
Lo último
FINANCIACIÓN EUROPEA
Bruselas, abierta al envío de 90.000 millones para Ucrania
ENCUENTRO GASTRONÓMICO
La androlla será la reina de Viana el Domingo Gordo
TRACTOR 4X4
Carballeda priorizará la prevención de incendios