Rafael Torres
El fantasma okupa del ático
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
“Por que nós e os fariseos xexuamos,
pero os teus discípulos non xexúan?”
(Mateo 9:14)
Nesta ocasión a pregunta está formulada polos discípulos de Xoán. Pero a resposta de Xesús é moi curiosa. Para iso fai unha pequena explicación e despois tira dun pouco de humor. O xexún estaba considerado en Israel como un feito para achegarse a Deus. Non significaba un sacrificio para achegarse a Deus, senón unha disposición da persoa para glorificar o nome de Deus. Para buscar a súa vontade e para pedir en tempos de angustia. A situación dos discípulos de Xesús era ben distinta da dos de Xoán. Xesús estaba disfrutando cos seus e eles co seu mestre, e Xoán estaba preso e algo confuso pola situación que el mesmo anunciara: Eu non son o Mesías. Xesús pon o exemplo dun
θάλαμος (thalamos). Tratábase do cuarto principal dun fogar onde o matrimonio tiña a súa intimidade e representaba a maior fidelidade e amor. Xesús quere dicer: imaxinades que nese espazo se poñan de loito? Imaxinade poñer viño novo en pelexos vellos. Un absurdo. Como a pregunta que lle fixeran.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PROPUESTA DE TRANSICIÓN ECOLÓGICA
España pide a la Unión Europea crear un fondo de cambio climático
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 5 de septiembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 5 de septiembre