El señor de las moscas

Publicado: 29 may 2026 - 05:56
El señor de las moscas
El señor de las moscas

Escrita por un creadores da xeitosa serie “Adolescencia” estreouse en Movistar+ a miniserie de catro capítulos inspirada na novela do premio Nobel de literatura William Golding, “El señor de las moscas”. O libro tivo xa dúas notables adaptacións na gran pantalla: o filme do Peter Brook do 1969 e a película de Harry Hook do 1990. A nova miniserie dirixida por Marc Munden e Jack Torne, é a a primeira versión para televisión e conta con catro episodios dunha duración de 60 minutos cada un. Respectando bastante a estrutura da novela, a miniserie cóntanos a historia dun grupo de escolares ingleses que, tras un accidente de avión, atópanse nunha illa tropical sen adultos. Nun intento por sobrevivir organízanse entre eles a través dun sistema de votación democrática. Pero pronto hai quen pon en discusión esas decisións. Un deles acabará distanciándose, liderando outro grupo máis tribal e violento...

A miniserie, así como a novela, explora o lado escuro da natureza humana e a perdida da inocencia. Esta nova entrega respecta a esencia da obra orixinal aínda que se concede unhas ampliacións no relato. Por exemplo afonda, a través de flashbacks, no pasado dalgún dos protagonistas, poñendo o acento sobre a clase social aos que pertencen os personaxes e as relacións coas súas familias. Nesta adaptación emerxe a profunda crítica á masculinidade tóxica, o culto da forza por encima da razón e como eixe causante da deshumanización e a disgregación social. Ao igual que en “Adolescencia” en “El señor de las moscas” explóranse as dinámicas de grupo dos mozos, evidénciase que o comportamento dun individuo pode chegar a corromperse por mor da presión social.

Pero é sobre todo na posta en escena e na proposta estética - musical e visual - onde a serie quere marcar a diferencia, afastándose incluso das outras adaptacións cinematográficas. “El señor de las moscas” de Munden e Torne non é unha obra realista, é unha fabula a metade entre a alucinación e o drama político social. Os primeirísimos plans dos nenos altérnanse ás imaxes dunha natureza salvaxe moi pouco atractiva: aguias cazando, griñidos de xabaríns, vermes e desagradables bichos de toda clase. Estas imaxes dan o contrapunto a unha narración gravadas con lentes deformadas, iluminada con cores extremadamente saturados, cunha luz moi luminosa durante o día e cun efecto infravermello para a secuencias nocturnas. Tamén a música contribúe a xerar un universo alucinatorio e claustrofobico. O célebre compositor Hans Zimmer xunto con Kara Talve do colectivo Bleeding Fingers Music, firma unha banda sonora que mestura recordos de partituras do cinema clásico cuns arranxos corais de voz brancas, contribuíndo a subliñar esa sensación abraiante que acompaña cada capítulo. Por último merece unha mención especial o reparto de actores, uns rostros moi ben elixidos, unhas caras inocentes que esconden a maldade.

“El señor de las moscas” é unha proposta visual bastante arriscada que non atopará os favores de todo o mundo, pero que reflicte moi ben unhas dinámicas sociais onde predomina a violencia e unhas derivas políticas máis actuais e preocupantes que nunca.

“El drama”, de Pattinson y Zendaya, abre la cartelera

Pattinson y Zendaya en “El Drama”.
Pattinson y Zendaya en “El Drama”.

La última cartelera de mayo llega cargada de estrenos con títulos como “El drama”, protagonizada por Robert Pattinson y Zendaya, que interpretan a una pareja aparentemente perfecta cuya relación se tambalea días antes de su boda. El cine español tendrá también un papel destacado con “La silla”, thriller de Ángel de la Cruz protagonizado por Jaime Lorente, donde un escritor de novelas queda atrapado accidentalmente en una silla.

Otra producción nacional es “Mallorca confidencial”, dirigida por David Ilundain y protagonizada por Lolita Flores, Asia Ortega y Jordi Sánchez, una trama de intriga y corrupción ambientada en los rincones más oscuros de la isla. Por su parte, “A la cara”, con Manolo Solo y Helena Zumel, aborda la confrontación entre una periodista y el acosador anónimo que la amenaza en redes sociales.

También llega a las salas “Corredora”, de Laura García Alonso, centrada en una deportista de élite que, tras sufrir un brote psicótico, debe reconstruir su vida lejos de la competición. Para el público infantil se estrena “Fleak”, una película de animación sobre un niño que, tras un accidente que le impide caminar, descubre un universo fantástico.

Contenido patrocinado

stats