Pai noso que estás nos ceos

Publicado: 21 mar 2025 - 03:05

Opinión en La Región.
Opinión en La Región. | La Región

“Pai noso que estás nos ceos,

santificado sexa o teu nome.”

(Mateo 6:9)

Cando os discípulos lle piden a Xesús que lles ensine a orar, este dalles un modelo de oración na que hai moitas cousas a ter en conta. Comeza recoñecendo a Deus como Pai, nun estado superior ás persoas. Os xudeos distinguían entre tres ceos: o universo, o ceo que se ve, e o lugar onde Deus está. O feito de recoñecer que está nos ceos é como dicer que el controla todo. Non só onde mora, senón no que vemos e o propio Universo cercano e infinito. Por outra parte o nome era algo moi importante para Israel. O nome de Deus é: IHVH, que tanto respeitaban e que se lles esqueceu como se pronunciaba. Eles decían Adonai entre moitos outros. Así Iahveh, Iahvah ou Ihovah son otras formas posibles para expresar: EU SON O QUE SON. Un nome santo, afastado do pecado, que non pode ser nomeado á lixeira. Un Nome sobre todo nome.

Contenido patrocinado

stats