A paisaxe, expresión de identidade e memoria

ARTE ET ALIA

Publicado: 23 mar 2026 - 05:36
Cabalos no monte diante da praia de Carnota.
Cabalos no monte diante da praia de Carnota. | La Región

Ha Long áchase no amplo golfo de Tonkin, preto da China. Este foi o escenario natural da historia de amor dos actores protagonistas Catherine Deneuve e Vicent Perez na película Indochina, dirixida por Wargnier en 1992. O lugar foi declarado un par de anos despois Patrimonio da Humanidade pola Unesco, clasificación ampliada no 2000, sendo considerado como unha das sete marabillas naturais do mundo en 2011, converténdose esta paraxe do nordeste de Vietnam nun dos maiores centros turísticos do país, e un referente mundial de natureza sostible. Alí estivo Santi Barreiros (Ourense, 1950) e fixo varias fotos, unha das cales escolleuna para unha micro mostra, “A mar en movemento”, no CHOU, unha exposición inaugurada fai un tempo inicialmente na área oncolóxica, fotos recolocadas na procura dunha maior visibilidade. É un darlle o plus de vida necesario ás paredes para transformalas en xanelas, mensaxe dun movemento de curiosidade polas marabillas da natureza, que a auga da mar, de sempre, ten sido sandadora.

José Quintanilla: “Ausencia” y  Eva Díez, “Lugar de ausencia”.
José Quintanilla: “Ausencia” y Eva Díez, “Lugar de ausencia”. | La Región

E con ela, en Galicia mesmo, as Cíes, arquipélago de tres illas, e illotes varios, Monteagudo no N., a do Faro no medio, unidas pola praia de Rodas, e a de San Martiño. Con elas, a praia de Lires, co rio en meandro; e os cabalos ceibes no monte sobre a praia do concello de Carnota. E no fondo a de Lira, na península deste lugar, todo elo provincia de A Coruña. Con eles un solpor nas Ría Altas, cálido, de esperanza. Que “El cielo es la galería de arte definitiva, justo encima de nosotros”, como dixera Ralph Waldo Emerson. Unha iniciativa con sensibilidade artística de seu, do fotógrafo e da xerencia hospitalaria, que se suma á da arte pictórica dende fai décadas.

Velaquí o ser vivo que a habita agora, neste espazo noutrora humano, que o fotógrafo murciano enfoca diante dunha porta de entrada coidadosamente construída con pedras ben cortadas e asentada para soster a lumieira superior.

Namentras, na galería Marisa Marimón, Nuria ideou unha exposición dende artistas que xa pasaron pola sala, e que xunto co gallo de “Habitar la huella”. Son imaxes fotográficas de Diego Opazo (Santiago de Chile, 1966), que centra no bosque, cunha obra de Cambio de Morada, 2009. Con Joan Alvado (Altea, 1979), residente en Barcelona, amosa de “El último hombre sobre la tierra”, 2018, paisaxes da Serranía de Cuenca, e do val alto do Tajo, ademáis dalgún retrato dunha persoa vella de Els Ports, todo elo dun territorio dos máis despoboados non só do reino senón mesmo de Europa. A pontevedresa de Vigo Eva Díez (1982) dende “Lugar de ausencia”, 2018, coa instalación de construcións efémeras en tendas de campaña, unha metáfora cun punto de poesía na idea de casa, un espello. Ou Ariadna Silva, pontevedresa da Estrada (1996) quen parte da implicación familiar na industria forestal con “Cartografía do esquecemento”, serie de 2017-2022. E José Quintanilla (Yecla, 1963), na que destaco a foto en B/N dunha casa abandonada dende fai décadas en cuxo interior medra unha grande árbore: velaquí o ser vivo que a habita agora, neste espazo noutrora humano, que o fotógrafo murciano enfoca diante dunha porta de entrada coidadosamente construída con pedras ben cortadas e asentada para soster a lumieira superior, construción dintelada dunha vivenda fai décadas, é agora un portalén que conecta dous mundos, un marco xa do vento...

Contenido patrocinado

stats