Ricardo F. Colmenero
Os xemelguiños
Carmiña. Hai dúas ou tres semanas presentouse en Allariz un estudo titulado Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite. Era coñecida de vello a existencia de raíces galegas na vida e obra da salmantina e diso falara o malogrado Luís Rivas Villanueva en 1988: dos irmáns Joaquín e Antonio Gaite y Núñez, chegados de Teruel a Galicia a mediados do XIX. O primeiro foi un daqueles catedráticos de Instituto aurorais, cun papel sobranceiro na prensa ourensá. O traballo que citei é da autoría de David González Couso e esculca na presenza galega na salmantina: dende riscos do seu carácter (la flexibilidad, ese doblarse sin partirse) ata o retrato do lugar idílico da infancia (a aldea de San Lorenzo de Piñor), o familiar apelativo de Carmiña, espazos narrativos e ata obxectos citados nas novelas: un vello aparador traído de Galicia que evoca a memoria do avó.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
MAPA ESPECÍFICO
Las interacciones con orcas subieron en Galicia en 2025
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este Domingo de Resurrección, 5 de abril
GUERRA EN ORIENTE
Trump da otro ultimátum
UNA GOLEADA
Revolcón del Ourense Ontime en Málaga (7-0)