Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
As eleccións nos EUA teñen gran incidencia no resto do mundo. A dita potencia económica e militar busca dar unha viraxe na estratexia internacional que sen dúbida afectará ao xogo xeopolítico, e un dos factores económicos esenciais é o tránsito comercial. Por iso o novo presidente electo -non serei eu quen cuestione a ningún mandatario elixido conforme ás regras de xogo das democracias reais- pon sobre o taboleiro o control do canal de Panamá, xunto coa apetencia por Groenlandia que, entre outros recursos, procuraría novas rutas marítimas ante o previsible desxeo que se aveciña.
E é imposible referirse ao canal de Panamá, inaugurado o 15 de agosto de 1914, sen acordarse do de Suez, moito máis veterano. Promovido por Fernando de Lesseps, comezou a funcionar o 17 de novembro de 1869. Hoxe é impensable a inexistencia de ambos, pola doada comunicación que permiten entre os océanos Atlántico e Pacífico e entre o Índico e o mar Mediterráneo evitando, respectivamente, circunnavegar América do Sur e África. Ata aquí, nada novo. Como difícil é interpretar feitos sen exemplos previos na historia.
Vellas lecturas fanme lembrar que en Suez existiu outro canal moi antigo
Vellas lecturas fanme lembrar que en Suez existiu outro canal moi antigo. Datos confusos sitúan parte da súa construción nalgún momento do s. XIX a. C., aínda que se coñece como Canal de Necao II quen, segundo Estrabón, obrou nel entre os ss. VII e VI a. C.. Pero parece que Darío I O Grande foi o que lle deu o gran pulo. Existen varias inscricións que, estudadas por Flinders Petrie na Historia de Exipto, conmemoran a empresa. Nunha delas “O rei Darío di: son un persa; saíndo de Persia conquistei Exipto. Ordenei cavar este canal dende o río chamado Nilo, que flúe en Exipto, ata o mar que comeza en Persia”. O epígrafe continúa narrando a navegación dos barcos polo canal dende o país das pirámides cara a Persia. Máis parece que foi Ptolomeo II quen rematou as obras. Avatares de mantemento e problemas técnicos so deberon permitir un uso descontinuo da infraestrutura, con proxectos de rehabilitación en distintos momentos históricos. Tamén na etapa imperial romana, cando chegou a denominarse “Río de Trajano”. Incluso houbo intentos de Napoleón durante as campañas en Exipto. En canto ao trazado dende o Mediterráneo, parece que era posible remontar o río Pelusíaco, un dos brazos do Nilo que forman o delta, ata cidade de Bubastis. Alí o conduto comezaba a serpear cara oriente polo Wadi-Tumilat ata os Lagos Amargos, onde unha nova vía facilitaba a singradura cara o océano Índico a través do mar Vermello. Daba paso a barcos sen demasiada manga e calado, pero seguramente permitindo o transvase das mercadorías, aforrando así moitas xornadas de navegación.
Dado que todos os intentos de posibilitar a navegación entre oriente e occidente a través deste estratéxico enclave tiveron entre os seus denominadores comúns o intercambio comercial, a situación dos nosos días atopa un excelente exemplo no citado Dario I. Herdou o inmenso imperio persa aqueménida en 522 a. C. e, ademais, incrementouno cunha a expansión dende as estepas rusas e o Mar Negro ata Libia, Exipto e a India, ata que, en 490 a. C., a batalla de Maratón, freou a expansión a occidente. É significativo que para os autores clásicos Dario era o “rei mercader”. Como ven, as novas coas que espertamos cada mañá rara vez resultan ser novidades absolutas. A historia sempre recorda a paremia “nihil novum sub sole”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
Iván González Decabo
DIARIO LEGAL
El Supremo pone en la diana al préstamo familiar
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Locus amoenus, narrativa local trufada de literatura para una muestra de historia personal
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
El experimento de Minnesota
Lo último
1.200 INSCRITOS
Gran participación en la Carrera del Turrón de O Barco
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Nueve implicados en un accidente múltiple en As Neves
sudeste asiático
Tailandia y Camboya retomarán el miércoles las conversaciones de paz