Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Baixaba mirando e observando o que pasaba diante da biblioteca onde de nena, cada día, lía e xogaba con aqueles múltiples xogos de intelixencia que alí había. Camiño da casa, fala cun amigo e discuten sobre a lingua, sobre os cambios que se producen cada ano na lingua e que se reflexan no dicionario da Real Academia Española (RAE), o dicionario en liña que, para estar perfectamente ao día, a finais do ano pasado realizou 2.451 modificacións con respecto á última actualización, en decembro de 2017.
Este dicionario, unha riqueza proporcionada pola tecnoloxía, pola academia, os académicos e os usuarios do idioma, está dispoñible, dende finais de 2015 e de forma gratuíta, para a súa consulta e, segundo os seus responsábeis, durante o ano 2018 recibiu unha media de sesenta millóns de consultas mensuais. Noraboa e parabéns! Moi especialmente para Darío Villanueva, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, director e máximo responsable da RAE nos últimos anos, xusto ata o pasado mes de decembro.
Agora é correcto escribir baipasear, abrumante ou ciberarte, selfi, meme, escrache, viagra, femicidio ou sororidade, por transcribir algúns dos exemplos que cita a propia RAE. A última, a 23.ª edición do dicionario da lingua española, e poida que a derradeira, con 93.111 entradas, publicouse en outubro de 2014, cun total de 195.439 acepcións distintas. Estamos diante dun idioma de enorme interese e con moitos falantes, 572 millóns de persoas, aproximadamente, o sete con oito por cento da poboación mundial.
Identificáronse novas palabras e novos significados, revisáronse palabras que xa figuraban no dicionario e déuselle unha volta á norma para adaptala á realidade ou adaptar a realidade a ela, en función do “aumento do coñecemento”, agrupando as voces en áreas temáticas ás que pertencen, polas súas características, pola súa procedencia (etimoloxías e estranxeirismos) ou pola área xeográfica na que se documentan. Xa o dicía a Tía Manuela, o idioma é como a alma do pobo. Para falar, para entenderse, para escoirar, negociar e transixir; para aprender, para ensinar e cantar. Para ver a vida cambiar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Faciendo la más fermosa vía de la nossa geographia
Manuel Orío
RECORTES
Un reparto equilibrado
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
El espectáculo de las expectativas
Lo último
Guerra en Ucrania
Hungría se impone a la UE vetando el préstamo a Ucrania
FUSIÓN DE EM&E CANCELADA
Los Escribano renuncian a la fusión con Indra tras la presión de la SEPI