Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Un convenio urbanístico subscrito entre o Concello de Ourense maila la Rede Nacional de Ferrocariles Españoles (Renfe) datado o día 22 de abril do ano 1998, permitiu a creación dun novo espacio verde na cidade situado entre as rúas Serra de Queixa e Martiñá, na populosa barriada de San Francisco.
A integración do entorno da estación de San Francisco no trama urbano da cidade mediante a incorporación de novos espacios anteriormente ocupados polo servicio ferroviario dedicados fundamentalmente ó transporte de mercadorías, actualmente fora de uso, permitiu a ampliación dun espacio baleiro asentado por riba do túnel situado a carón da saída da estación de Ourense-San Francisco cara a Ponte; desta circunstancia e con ánimo de aumentar o espírito do citado convenio orientado á ampliación dun novo espacio de lecer para os ourensáns obrigou á ampliación e cubrición do antigo túnel existente, o número 95, mediante a construcción, no seu fronte, dun pórtico de formigón armado cunha lonxitude de 85 metros, atopándose soterrados os 32 primeiros e practicamente en superficie os 53 restantes.
O novo parque público, dunha superficie aproximada de 2.600 m2. dividido en tres espacios perfectamente delimitados, posúe dentro da súa irregularidade xeométrica, unha forma moi próxima á figura rectangular, ocupando a parte máis alta, a orientada cara o norte, o espacio máis ancho diminuíndo este, en sentido descendente, cara ó terraplén ferroviario situado ó sur.
Na parte superior, a carón da fachada co debuxo que da o nome o parque: unhas zapatillas, se sitúa o parque infantil rectangular, alfombrado por un tapiz verde artificial ornamental. Sigue, en sentido descendente, unha pista semicircular, cinguida de sebes continuado por un espacio rectangular intermedio, antigamente ocupado por unha fonte, sobre o que se expoñen dúas obra de forte simbolismo ourensano creadas da man do singular escultor Antonio Faílde Gago: o afiador cinguido de cativos nunha actitude que reflicte unha das máis antigas profesións ambulantes da provincia e o cerralleiro que, protexido co seu enorme paraugas, efectúa o seu diario labor baixo a atenta mirada dun aprendiz ou mutilo, ambas pezas escultóricas trasladadas do seu emprazamento orixinal na estación de San Francisco. 1.
O último espacio, cercano ó terraplén ferroviario, serve de asento a un novo espacio pechado de recreo para os máis cativos (idades comprendidas entre 3 e 12 anos) contén todos aqueles elementos propios para o disfrute dos rapaces: columbios, tobogáns, balancíns, etc.
Especies arbóreas da familia pertencente ás caducifolias: Liquidámbar, Árbore da Seda, tamén coñecido como a Acacia de Constantinopla; os prennifolios: Espiño de Fogo; Tuia Xigante, Cedro do Himalaia, conxuntamente ca representación da herba perenne Polyganum Capitatum, Escallonia Pyracantha, esta última delimita os espacios dentro do parque, e arbustos tapizantes para cubrir os taludes na zona da vía do tren, ademais de diversos sebes de altura media, tipo Prunus Laurocerasus, que rodean as zonas de xogo mailo entorno axardinado, se distribúen tanto ó longo como o ancho de todo espacio comprendido dentro do parque.
O orzamento total da obra supuxo para as arcas municipais un montante de 35.940.876 das antigas pesetas, uns 216.009´01 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Miedo, silencio, chivatos
Jorge Ron
LA OPINIÓN
¿Cuánto quieres los play off?
Gonzalo Iglesias Sueiro
Ilustración oscura (NRx)
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
CIENCIA EN OURENSE
Del espacio al microscopio: la ciencia en Ourense tiene rostro de mujer