Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
A igrexa de Santa Ana é un templo católico datado no século XX situado no marxe esquerdo da estrada nacional 120, de Ourense a Vigo.
A moderna parroquia xurdiu como tal o día 15 de xaneiro do ano 1954, debido fundamentalmente ó importante aumento de poboación nesta zona industrial do Pino na Ponte desligándose da xurisdición da antiga parroquia de Santiago das Caldas, aínda que ata o ano 1968 no se iniciou a construción do novo edificio relixioso.
O 6 de novembro do ano 1970, o nuncio do papa Pablo VI, monseñor Luigi Dadaglio, inaugurou solemnemente o templo que contou coa presenza do bispo de Ourense, monseñor Temiño, acompañado de diversas autoridades.
A fachada desta nova Casa de Deus ten forma triangular accedendo á mesma a traveso de tres sinxelas portas de madeira
A fachada desta nova Casa de Deus ten forma triangular, accedendo á mesma a traveso de tres sinxelas portas de madeira. O deseño do edificio foi obra do arquitecto Manuel Conde Edelmira; nel mostrase un estilo arquitectónico bastante similar ó existente na igrexa parroquial de San Pío X, en Mariñamansa, contando con columnas e, na parte superior da fachada, decorase cunha serie de pequenas cruces en relevo ademais de pequenas fiestras cadradas que se estenden dende o lintel ata o teito, sendo o material construtivo do edificio a pedra granítica provinte das cércanas canteiras, carecendo do clásico campanario, tan característico neste tipo de edificio relixioso.
O interior é de planta hexagonal, contando cunha soa nave con coro ou tribuna. Atópase decorado con vidreiras situadas na parte superior dos muros da nave e do presbiterio, todo elo moi en consonancia, simpleza e austeridade, conforme ós postulados emanados do Concilio Vaticano II, ademais de seguir a estética característica imperante nas décadas dos anos 1960 e 1970.
O presbiterio ou capela maior ten planta trapezoidal e chan de parqué, destacando pola súa decoración a base de láminas de madeira dispostas verticalmente sobre a parede do tras altar, debuxando unha cruz latina que soporta unha imaxe dun Cristo crucificado custodiado a ambos lados por sendos e pequenos querubíns. Cóbrese a nave por un tellado a dúas augas
Tres son as imaxes existentes no interior do templo que se corresponden ca titular, santa Ana, en madeira, acompañada doutra bonita talla, de corte industrial, da Inmaculada Concepción, situadas a ambos ós lados dos muros, ademais dunha pequena talla do Sagrado Corazón.
Coordenadas
42º21´19”N 7º53´07”O
Situación
Estada Nacional de Ourense Vigo N – 120, marxe esquerdo.
Construción
Século XX
Características
Igrexa pos conciliar moderna.
Arquitecto
Manuel Conde Edelmira.
Elementos destacados
Gran crucifixo do altar maior.
Elementos auxiliares
Diversa dependencia destinadas á actividades parroquiais situadas próximas á porta de entrada, salón parroquial na cripta e antigo tanatorio.
Información relixiosa
Culto cristián.
Titularidade
Bispado de Ourense.
Párroco
José Gallego Borrajo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
Una victoria para terminar el año del Arenteiro
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien