La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
Seguindo o trazado da estrada N-120, de Ourense a Vigo, a seis quilómetros de Ourense capital atópase o coñecido pobo de Untes, situado ó oeste da cidade no marxe dereito do río Miño, espallado a ámbolos lados da estrada nacional sobre todo no marxe dereito en sentido Vigo -Pontevedra que agrupa á maioría das vivendas escalonadas cara a cércana montaña. O bonito pobo coñecido popularmente polo slogan: “Se vas a Untes bebe viño e non preguntes” constitúe un interesante núcleo rural pertencente, entre os anos 1836 e 1943, ó antigo Concello de Canedo; conta con importantes centros de restauración ademais de posuír relevantes monumentos etnográficos dignos de visita como pontes, muíños, cruceiro, fontes, pozos, casas antigas con patio e portón, como a Casa dos Condes, esta última en moi mal estado de conservación, que pertenceu ó poderoso mosteiro de Celanova, antigo priorado, que contaba cunha importante adega. Resulta interesante a presenza dun vello escudo situado no portón da entrada decorado cun arco de medio punto figurando o citado escudo que contén as armas de San Rosendo; por baixo aparece a data do 1603
A construción presenta o tamaño dunha pequena ermida estando todo ela construída en pedra plana encintada
A pequena igrexa, baixo a advocación de Santo Estevo, sitúase no antigo lugar denominado “Locus Eclesiae”; tratase dunha modesta construción, datada do século XVIII, que pertenceu, no seu día, ó poderoso mosteiro de Celanova. No presente caso atopámonos ante unha edificación relixiosa que apenas conserva antigos restos da primitiva construción: visigóticos mesturados con algún que outro románico, actualmente case perdidos debido ás modificacións que sufriu ó longo da súa dilatada existencia. A construción presenta o tamaño dunha pequena ermida estando todo ela construída en pedra plana encintada.
Accédese o interior da mesma a traveso dunha portada rectangular clásica enmarcada entre pilastras cun pequeno oco para a iluminación do coro seguido dunha alta e desproporcionada espadana en relación ca fachada; componse esta de tres corpos, o da parte baixa aloxa sendas campás namentres co superior atópase baleiro, ambos los dous decóranse con con pináculos triangulares; o acceso ó campanario é a traveso dunha escaleira metálica exterior protexida por unha varanda. O interior do templo o forma unha soa nave rectangular cuberta cun teito de madeira e no exterior mediante unha cubrición a base de tellas curvas a dúas augas. O presbiterio carece de retábalo figurando na parede do mesmo unhas interesantes imaxes como a do titular da parroquia, santo Estevo, acompañado das tallas de santa Lucia, a Virxe do Rosario, ademais dunha pequena pero interesantísima talla, en madeira, de san Bieito, barroca, necesitada con urxencia de limpeza e restauración tal e como o desexa o asistente parroquial mailos propios veciños por tratarse dunha talla de gran devoción popular ó que se suma o seu indubidable valor artístico.
Coordenadas: 42º20´31”N 7º57´09” O
Situación: Pobo de Untes, praza da igrexa.
Construción actual: Século XVIII.
Características: Igrexa barroca e neoclásica con restos perdidos visigóticos e románicos.
Elementos destacados: Interesantes imaxes como a da pequena talla de san Bieito
Estado de conservación: Bo con algo de humidades.
Información relixiosa: Culto cristián.
Titularidade: Bispado de Ourense. Adro rodeado co cemiterio parroquial
Escudo: Cércana á igrexa at atópase a antiga casa prioral que loce na súa portada un interesante escudo circular dentro dun cadrado, contendo unha cruz de brazos abertos, compás e círculo, todos símbolos de san Rosendo.
Asistente parroquial: Roberto González Garza.
Protección: BIC ademais do importante coidado por parte dos veciños da parroquia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último