Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
A noite da tradición
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
Seguindo o trazado da estrada N-120, de Ourense a Vigo, a seis quilómetros de Ourense capital atópase o coñecido pobo de Untes, situado ó oeste da cidade no marxe dereito do río Miño, espallado a ámbolos lados da estrada nacional sobre todo no marxe dereito en sentido Vigo -Pontevedra que agrupa á maioría das vivendas escalonadas cara a cércana montaña. O bonito pobo coñecido popularmente polo slogan: “Se vas a Untes bebe viño e non preguntes” constitúe un interesante núcleo rural pertencente, entre os anos 1836 e 1943, ó antigo Concello de Canedo; conta con importantes centros de restauración ademais de posuír relevantes monumentos etnográficos dignos de visita como pontes, muíños, cruceiro, fontes, pozos, casas antigas con patio e portón, como a Casa dos Condes, esta última en moi mal estado de conservación, que pertenceu ó poderoso mosteiro de Celanova, antigo priorado, que contaba cunha importante adega. Resulta interesante a presenza dun vello escudo situado no portón da entrada decorado cun arco de medio punto figurando o citado escudo que contén as armas de San Rosendo; por baixo aparece a data do 1603.
A pequena igrexa, baixo a advocación de Santo Estevo, sitúase no antigo lugar denominado “Locus Eclesiae”; tratase dunha modesta construción, datada do século XVIII, que pertenceu, no seu día, ó poderoso mosteiro de Celanova. No presente caso atopámonos ante unha edificación relixiosa que apenas conserva antigos restos da primitiva construción: visigóticos mesturados con algún que outro románico, actualmente case perdidos debido ás modificacións que sufriu ó longo da súa dilatada existencia. A construción presenta o tamaño dunha pequena ermida estando todo ela construída en pedra plana encintada.
Resulta interesante a presenza dun vello escudo situado no portón da entrada decorado cun arco de medio punto figurando o citado escudo que contén as armas de San Rosendo; por baixo aparece a data do 1603.
Accédese o interior da mesma a traveso dunha portada rectangular clásica enmarcada entre pilastras cun pequeno oco para a iluminación do coro seguido dunha alta e desproporcionada espadana en relación ca fachada; componse esta de tres corpos, o da parte baixa aloxa sendas campás namentres co superior atópase baleiro, ambos los dous decóranse con con pináculos triangulares; o acceso ó campanario é a traveso dunha escaleira metálica exterior protexida por unha varanda.
O interior do templo o forma unha soa nave rectangular cuberta cun teito de madeira e no exterior mediante unha cubrición a base de tellas curvas a dúas augas. O presbiterio carece de retábalo figurando na parede do mesmo unhas interesantes imaxes como a do titular da parroquia, santo Estevo, acompañado das tallas de santa Lucia, a Virxe do Rosario, ademais dunha pequena pero interesantísima talla, en madeira, de san Bieito, barroca, necesitada con urxencia de limpeza e restauración tal e como o desexa o asistente parroquial mailos propios veciños por tratarse dunha talla de gran devoción popular ó que se suma o seu indubidable valor artístico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
A noite da tradición
Gonzalo Iglesias Sueiro
Días oscuros
BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
Alfredo Conde
A TRIRITA
Temos que facer por enganar a Azrael
Lo último
REVISIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS
La vecina que ganó al Concello de Ourense exige el cierre de los garajes de San Antonio
HISTÓRICO ASCENSO
El Antela sigue de fiesta tras el ascenso a Tercera Federación