Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
ARTE ET ALIA
De cando en vez gustamos de camiñar pola cidade, sen rumbo, ou destino, abandonándonos ao acto de pasear. Un xeito de observador, de vagabundeo consciente, con algo tamén de contemplativo. Así o da viguesa Rita Ibarretxe, “Camiño, para ser eu”, exposición de fotografía na que busca atoparse, pretendendo quizais servir de suxestións de auto axuda. Así o tema que amosa nesta exposición individual no curruncho de arte de Roberto Mariño, Verino, na súa boutique de roupa e complementos en Ourense, a segunda trala recente da Sargadelos de Vigo. De familia materna en Esgos, a autora licenciouse en Xeografía e Historia na USC a comezos dos anos noventa, para comezar coa fotografía na cidade olívica da man de Arturo Martínez, continuando estudos na Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense. Trae agora un proxecto conceptual dende o eu introspectivo, esencial, na procura dunha terra-paisaxe propia, pisándoa, tocándoa co corpo para sentirse viva e parte dun todo. Por elo, quizais, a montaxe circular en sala. Nesta, de novo, acollese unha mostra de fotografía nuns días que remiten ao Outono Fotográfico que campou na cidade durante lustros, e no que a propia autora tiña participado.
Doutra volta, o comisario Asier Mensuro, historiador da arte especializado en cómic e cinema, deambulou noutra flânerie seguindo a pegada de Picasso nos artistas do mundo do comic, escollendo con liberdade para a mostra itinerante polas salas da obra social de Abanca en Galicia, intitulada “Picasso protagonista. viñetas en el cómic español contemporáneo”. Unha idea a modo de homenaxe co gallo dos 50 anos da súa morte (1881/1973, Francia). Pasou por A Coruña, onde viviu entre 1891 y 1895 este artista universal de orixe malagueña e, antes de recalar en Ourense, pola maioría das cidades galegas. Eis unha exposición de gran nivel por acharse nela premios nacionais de comic, algún gañador do Eisner, do cine de animación, e ilustradores do New Yorker, Cómics Disney, Angry birds ou, entre nós, de El Jueves. Nas dúas salas hai obras de Paco Roca, Idígoras y Pachi, Max, Javier Olivares, Sergio García, Eneko, Ricardo y Nacho, David Rubín, Laura Pérez, María Herreros ou Cynthia Alonso, entre outros, elenco ao que se engade unha tinta chinesa de Siro López. As obras de Daniel Vela e o propio cartaz da mostra, baseado nunha idea de Asier Sanz teñen interese. A relación de Picasso con artistas españois antigos ou coetáneos, Velázquez, Goya, O Greco, Dalí e Miró, é de interese. Aínda que as de Gay Lorente, con Picasso dentro do espazo do Guernica, e a de Jorge Carrión e Sagar Forniés reinterpretando en branco e negro o pantocrátor románico de sant Climent de Taüll, son sobranceiras.
Pero de escoller unha, quedo coa baseada no significado óleo de Mondrian, Broadway Boogie Wogie, 1943, no que expresa a súa paixón polo jazz e a cidade de N.York, e semella, tuneado polo debuxante, un museo cheo de obras famosas, Les demoiselles d’Avignon, e outras de Van Gogh, Magritte, Warhol, Rousseau, Calder, Chagall, Basquiat ou Brancusi contempladas por visitantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
El Gobierno retrocede y trocea
Lo último
IMPACTO AMBIENTAL
El BNG lleva la mina de A Gudiña a las Cortes
MÁXIMA PRECAUCIÓN
Galería | Las lluvias anegan los campos de A Limia y arruinan el cereal
SEGUNDA FEDERACIÓN
Parrilla, de la UD Ourense: “Creo que podemos aspirar a algo más”