Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
El milagro Zapatero
Coida no monte, no alto da serra, a un rabaño de ovellas de raza Ovella Galega, era da asociación Asovega, que ten sede en Ourense e aglutina a criadores de ovino das catro provincias galegas. Este home gandeiro, tamén coida das súas trece vacas de raza cachena. Trece vacas e trece becerros ou como din noutros sitios, trece cuxos, cada ano, alimentados con leite da nai, con pasto do prado e nada máis.
Alí, no alto da serra, cunha lixeira e sinxela placa solar carga o seu móbil de última xeración e a través deste aparello contacta, por videochamada, coa súa clientela amiga e ofértalles o año ou o xato que acaba de nacer. Ponlle o nome que quere o comprador e con ese nome abre unha ficha que vai á base de datos, con tódolos detalles, coa foto da nai, do recentemente nado animal vendido, co número da chapa de identificación e con outros detalles importantes sobre a súa alimentación.
Trece vacas e trece becerros ou como din noutros sitios, trece cuxos, cada ano, alimentados con leite da nai, con pasto do prado e nada máis.
O pastor coida dos años e dos becerros e conversa a diario con aqueles que queren adquirir boa carne de ovino ou bobino, da que alimenta e fortalece o corpo e o espírito, a ledicia, a irmandade e a concordia.
O pastor colocaba un microchip nunha orella de cada animal e así, tanto el como os compradores, podían seguir, paso a paso, os andares do seu año ou do seu becerro, coñecer o seu estado de ánimo, velas súas correrías matinais e desfrutar delas. Velos cornos das cachenas e fuxir correndo para lonxe da pantalla ou acariñarse coa la daquelas ovellas, todas de raza galega.
O pastor coida dos años e dos becerros e conversa a diario con aqueles que queren adquirir boa carne de ovino ou bobino, da que alimenta e fortalece o corpo e o espírito, a ledicia, a irmandade e a concordia.
A informática é alma da explotación. Cun solo clic, o pastor fai a feira, contrata o matadoiro, o transporte dos animais e da carne, fai o seguimento dos tratamentos recomendados polo veterinario e controla o tempo, sen necesidade de saír a ventá para saber de que lado corre o aire.
Un veciño do moderno pastor, daqueles que de mozos indicaban o remate da romaría con aturuxos dende o outro lado do río, está desgustado con tanto avance e quere abandonar “a ditadura da técnica e da telemática”, para vivir á marxe da presión e da represión dos que queren facer da vida o seu negocio. A Tía Manuela, presenta dúbidas, “agora que todo vai a golpe de clic, non sei a onde iremos parar. É unha mágoa, pero a xente non fala, non se comunica nin se entende”. Será verdade?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
El milagro Zapatero
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
El villancico más famoso del mundo
Berto Manso
LA OPINIÓN
El COB llegó tarde al pazo
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
Lo último