José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Morta ou durmida?
PENSAR POR PENSAR
Fixen unha carreira nun taxi da Coruña. O taxista estaba manifestamente indignado co desbarate que supuxo a visita de León XIV a Madrid, Barcelona e Canarias. Ao seu xeito de ver, todos os españois, católicos ou non, pagaremos semellantes gastos mentres a Igrexa se embolsará esmolas e subvencións. Quixen contradicirlle cun exemplo. Supoñamos, dixen, que sumamos as celebracións de catro enfrontamentos entre o Real Madrid e o Barça. Seguro que poderán alcanzar dispendios semellantes en seguridade, controis de tráficos, iluminacións extras, deterioración dos pavimentos e mobiliario urbano, incremento do transporte público, etc. que tamén pagaremos todos os españois, incluídos quen non somos afeccionados aos espectáculos deportivos, mentres os clubs de fútbol recadan o importe das entradas, os patrocinios de televisión e de anunciantes, máis a venda de camisetas.
Ao chegar ao destino, o bo do chofer mesmo se apeou do auto intentando continuar a polémica. Non lle dei moito máis cuartel porque para min a visita do papa tivo compoñentes que van máis aló das cifras de gastos e hipotéticos beneficios, que algúns medios empeñáronse en valorar e difundir como elementos de calidade positiva dos eventos. Non sei se o condutor do taxi entendería que o fenómeno relixioso basculou sobre tres compoñentes esenciais: o ritual, o pastoral e o político. Sen dúbida, os ritos católicos convertéronse en espectáculos e, mesmo, nun fenómeno turístico, pero é ben certo que as relixións se manifestan e sosteñen grazas ás escenificacións rituais, no noso presente transmutados en cerimonias de masas competindo cos concertos e os encontros deportivos. A min parécenme hiperbólicos á hora de transmitir ou conservar as crenzas. Corren o risco de baleiralos de contido sepultos baixo os impactos visuais e mediáticos, como xa sucede coa Semana Santa mudada de actos de penitencia medieval a reclamo turístico. Pero alá eles!
No estritamente político foi audaz aínda practicando a norma
Nesta ocasión, o paseo de León XIV por España, no en tanto do entorpecemento da vida cotiá, gozou dunha excelente organización, precisa como a escaleta dun “reality” televisivo. Seguilo ou non era voluntario.
No pastoral, o papa camiñou sobre a corda frouxa da doutrina da fe fronte ao laicismo crecente da sociedade contemporánea. Cuestións como o divorcio, a interrupción voluntaria do embarazo, a eutanasia ou as liberdades sexuais queimáronlle nas mans a pesar do equilibrio das súas palabras. A Igrexa anacrónica pesa moito sobre o seu teórico progresismo de apertura á existencia vital do novo século. León, como lle sucedeu a Francisco, ten ante si o duro traxecto de cambiar a esencia da súa organización para que a Igrexa siga circulando cara á eternidade predicada. Difícil tarefa.
No estritamente político foi audaz aínda practicando a norma –a Deus o que é de Deus e ao césar o que é do césar-. Quedará na historia como o primeiro papa que sobe á tribuna das Cortes Xerais, que apoiou ao Goberno de coalición de esquerdas nas súas políticas internacionais, que recriminou o barullo e a confrontación xerados pola oposición, que exaltou a palabra e o diálogo en beneficio da solidariedade e a paz, que defendeu os dereitos dos inmigrantes e dos diferentes. Mostrou un ecumenismo social, máis aló do cristián, necesario e esperanzador. Iso si, pasou ás ocultas polo problema dos abusos no seo da Igrexa e obviou as peticións das mulleres para acceder ao sacerdocio. Con todo, dunha viaxe papal tampouco deberiamos esperar unha total declaración de principios como no traxecto dunha carreira de taxi.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Morta ou durmida?
Rafael Torres
El cúter
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Pastoral, política e espectáculo
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: Cómo ser profesor y no morir en el intento
Lo último